miércoles, 14 de agosto de 2013

Pinchos en Vigo: os sospeitosos non habituales

Un par de recomenacións de bares que poñen pinchos xeitosos cando  vas a tomar un viño o unha caña. Pero vaise sair un pouco do habitual, porque tratase de bares que non están en lugares coñecidos, nen son sofisticados. De feito probablemente os que leades esto nunca iredes por este sitio. Pero para que vexades que hai, e para que vos plantexedes que hai que mirar máis alá do típico.

Por exemplo, a rúa Rocío non é un lugar de visita habitual. Apenas podería ser un lugar de paso en coche, e para iso só para os meus veciños que coñecen a súa existencia. Pois alí, hai unha pequena xoia: Bar Rocío.

Sempre que teño ido por alí teñen posto un pinchiño sinxelo, pero todo calidade. Unhas sardiñas escabechadas, un guisiño de carne ou coma nesta última vez, unha empanada de xoubas. Empanada de xoubas de qualité. Das máis xeitosas, e de gratis.


O bar comentado anteriormente, está nun sitio un pouco rebuscado, pero en realidade é un sitio amplio e moderno, moi xeitoso, pero A Bodega é moi pequeno, e incómodo. É diminuto, e se vai bó tempo ten mesas no exterior, e se vai mal tempo non hai apenas sitio para estar de pé. Está no centro comercial, entre tendas, e nunha praza interior.

Pero non importa o aspecto do bar, hai que darlle mérito que continuamente esforza en ter sempre pinchiños quentes. Ten sempre dous ou tres, así que podes escoller. Entre os clásicos de culler coma uns callos ou fabada, ata, coma no caso da foto, un arroz con bacallau:


Coma resumo, o bar de barrio, que normalmente traballa para os viciños ou os habituales adoita a ser un lugar excelente para disfrutar pinchos. Exemplos coma estes haberá máis. Apuntade os sitios, e se quedades decepcionados de Bouzas, subide unhas ruelas. (Tradicionalmente eu teño falado moi ben de Bouzas coma soa de chiquiteo e pinchos, pero estou levando a desagradable sorpresa que está desmellorando moito, pero moito. Unha cousa moi triste o que está a pasar en Bouzas.)

No hay comentarios: