domingo, 25 de agosto de 2013

O Loxe Mareiro 2.0, o sitio das experiencias

Cando alá no Vigourmet, Iago (de Abastos 2.0) presentara o seu novo proxecto do Loxe Mareiro 2.0, falara que máis que ofrecer xantar, buscaban ofrecer experiencias. Naquel momento din en pensar, vai ser un choio un pouco esaxerado.

Pero non, logo da miña visita ó Loxe Mareiro co gallo de facer a XX Xantanza Blogogastronímica, non podo estar máis de acordo ca súa expresión: non foi só un xantar, foi algo máis, foi toda unha experiencia! 



O Loxe Mareiro é un pequeno bar que está a pe do polígono marisqueiro de Carril, a apenas uns 500 metros de Vilagarcía. Un lugar ben situado, con vistas ó mar, ó porto de Vilagarcía (isto non é especialmente fermoso) e vistas á Illa de Cortegada.

Durante anos foi un lugar ben coñecido pola xente do lugar e un fantastico sitio para tomarse unhas bebidas e probar productos da ría en plan chiquiteo. Este ano pasou a estar levado polos rapaces de Abastos 2.0, cuns cantos cociñeiros ben coñecidos ó mando (entre eles Iván, de Casa Marcelo).

O aspecto exterior foi remozado, pero mantendo (coma podedes ver) a imaxe orixinal.

Cando chegamos facía un día fermoso, con sol forte e intenso calor. Coma estaba a marea baixa, tiñannos preparada unha mesiña para tomar uns aperitivos antes de entrar a xantar.

E que mellor maneira de recibirnos ca cuns gin tonics aromatizados de limón e eucalipto.





Coma podedes ver, o feito de traballar a pe de praia permite ter tónica fresca ó xeito máis natural posible.


Saude a todos!


Esta era a recepción para outro grupo que viña este mesmo día, con vistas á illa de Cortegada.


Logo de abrir o apetito co gin-tonic, servironnos un viño valdeorras: Audacia


Xa co noso viño na copa poidemos tomar candanseu a súa ostra e unha ameixa de Carril ó natural, sen cocción nen nada. Enormes, coma teñen que ser as ameixas de Carril (a súa orixe eran apenas 200 metros de onde estabamos tomando).

(A xente do Loxe está chea de bós e grandes detalles, coma algúns dos nosos amigos non poden tomar marisco cru por problemas médicos, pois tamén lles prepararon o mesmo, pero cociñados, apra que non quedasen sen tomar)



Logo nun pequeno lume que prepararon alí a pe de praia, unhas navallas feitas á parrilla, nese memsmo momento. Boísimas. No punto, punto.


E para rematar este entrante, uns non menos exelentes e deliciosos berberechos, apenas pasados polo vapor para que se abrisen. Que maravilla son os sinxelos berberechos e que deliciosos (e ainda salgados) están.

Pois esto señores só é o comezo, pero ilustra que ademáis de comer, o Loxe Mareiro 2.0 é toda unha experiencia. Quen nos ía dicir que íamos tomar un entrante de productos do mar na praia mesma.

Loxe Mareiro 2.0
Aduana 56. Carril.
15703 - Vilagarcía de Arosa.
(Pontevedra)

Telefono: 986 510 667
loxe@abastosdouspuntocero.es


Esta mesma visita contada con outras palabras:
XX Xantanza: O mar que estaba aí, no Loxe Mareiro en Capítulo 0
Nos comimos el mar en el Loxe Mareiro (Carril) en Pantagruel Supongo
XX Xantanza.Segunda Parte. Puro Mar.Loxe Mareiro en La Caja de los Hilos


PD: Proximamente contaremos coma foi o xantar. E xa ancipo para os impacentes, que foi memorable.

No hay comentarios: