Algúns dos Laconeiros gustamos ademáis da comida a ilustración. E se son ilustracións de comida, ainda mellor. Enlazamos aquí unha web dunha rapaza americana que escrebe sobre cociña e comida, pero que ten de especial que ilustra os seus posts con imáxenes moi xeitosas. (En inglés todo, pero bueno, con imaxes as cousas entendense ben, ademáis non son choios longos e complexos)
I think you're sauceome. - Yes, we have no bananas!
Aproveito o tema para falar un pouco do tema da banana. A maior parte das bananas que tomamos son todas da variedade Cavendish (nota, o plátano de Canarias tamén é Cavendish, ainda que teñan apariencia diferente: mesma variedade, diferente forma e no canto ó sabor, a diferencia debe ser que as de Canarias chegan máis maduras ás tendas).
Non todas as variedades de banana saben exactamente igual. Antigamente (isto é a comezos do século pasado) a variedade habitual era a Gros Michel. Sabía lixeiramente diferente á que tomamos agora. Por iso, cando unha enfermidade rematou ca Gros Michel, aquel sabor desapareceu.
Hoxendía o Cavendish está a ter problemas parecidos, e unha peste nas prantas fai que haxa o risco de que desapareza (non sei se afecta ás plantacións de Canarias, polo que se cadra ahí quedan os Cavendish). Os máis pesimistas din que o Cavendish desaparecerá en 5/10 anos.
As novas variedades de banana resistentes á peste xa non saben igual. ¿Outro sabor que se vai perder? ¿Teremoslle que contar ós nosos netos que as bananas de antes xa non saben coma agora?
(Nota, esto que pasa ca planta das bananas é máis ou menos semellante ó que pasa cas patacas, que coma as pacatas se reproducen de maneira asexual - porque o que se garda para o ano seguinte non é a semente se non o tubérculo. Por iso mismo as patacas son tamén moi sensibles a determinadas enfermidades, ainda que de momento non se produxo unha apocalipse deste nivel, non sendo a que lles pasou en Irlanda no século XIX)
No hay comentarios:
Publicar un comentario