Aquí en Laconada somos moito dos caramelos de esta marca. Ademáis non sei ben coma funciona a serendipia, pero veño de descubrir que Iago tamén merca de seguido os Ricola. Coma é que nos deu por iso ó mesmo tempo? Serendipia?
E por un momento pensei que algo pasar co "sabor original", porque tiven que ir a 5 tendas e en todas a parte onde debían estar esaba baleiro. Finalmente, din cunha tenda que tiña. Tampouco vou crear nengunha alarma. Seguramente non hai desabastecemento ... só que a xente é o que máis merca. ¿É así? [Isto da miña fixación co sabor orixinal non é so capricho... se non que teño a sensación que o sabor orixinal xunto co de eucalipto son os que mellor desatascan, e coma eu os merco para a gorxa, pois ó que funciona ben e ten un sabor diferente - do eucalipto que de ises hai miles de caramelos de outras marcas].sábado, 17 de octubre de 2026
Caramelos!
jueves, 17 de septiembre de 2026
Deseño galego: Latas de Conservas
Dardo & La Vieira
miércoles, 15 de abril de 2026
Ingredientes e comida de todo o mundo en Vigo
(Nota, non vou a listar todos, nen vou a incluir os de comida latina, porque hai moitos e non hai maneira sinxela de incluir a todos. Vou tirar por cousas máis exóticas).
Pak Frutas
Ten moito producto latino (peruano, colombiano e cousas brasileiras), pero sobre todo e é obvio... ten productos de Pakistán e India. Dende arroz basmati a granel, coma legumes e outras cousas tamén a granel. Especias, sementes e ...
Ademáis ten moitos ingredientes necesarios para cociñar comida do Industán (ghee por exemplo).
🗺️ Pak Frutas
Supermercado Rebeca
Pois outro mega clásico de Vigo. Xa leva unha chea de anos, pode que máis de 10. E supoño que se convertiu xa nun lugar de referencia.Ademáis de todo isto, tamén vende productos latinos (sobre todo andinos, de México e Centroamérica non tanto).
Carnicería Elhariri
Iste está na Rúa Pino, por onda Os Choróns. Sei que hai outras carnicerías e tendas de productos halal e do norte de África, pero mira esta tenda ten unha chea de cousas e non é tan coñecida.Ainda que fora poña que é unha carnicería, é realmente un supermercado e non é tan pequeno. Para os que gustedes dos doces árabes, ten unha sección de panadería dentro que mete moito medo.
domingo, 29 de marzo de 2026
Café de Andar por Casa: Lugares onde mercar café en Vigo
Hai 5 anos publicamos un post onde recomendábamos Buenos sitios para comprar café en Galicia. Moito ten cambiado o mundo do café dende aquel momento e foi subindo o número de sitios, o estilo do café que se vende e por desgracia tamén os prezos. Imos deixar ese post coma foi escrito para que quede referencia histórica de coma era o mundo do café hai non moito tempo. Pero vou tentar deixar un pequeno listado útil de moitos dos sitios onde podedes mercar café pola parte de Vigo (xa o de facer un listado de sitios por toda Galicia fáiseme bastante compliado, mellor vou centrarme nos sitios onde estou mercando café cada dúas semanas).
Todos os sitios que comento aquí téñolles comprado o café, e recomendo todos. Pero claro, agora mesmo todos sodes xa conscientes que hai varios niveles de calidade no café e tamén diferentes prezos. E non necesariamente o café máis caro vai ser o voso favorito. En moitas de estas tendas que comentamos podedes probar os cafés antes de mercar e así decidir. Eu no meu caso gosto de ir saltando de tenda en tenda e ir probando cousas diferentes que non coñezo.
Torradores tradicionais
- Café Campinas S. Paulo. Ten dúas tendas, unha en Gregorio Espino 19 (no Calvario). E outra en Marques de Valladares, pegado á Porta do Sol. Levan máis de 100 anos torrando café en Vigo. Nas súas tendas podedes mercar graus de café ou moidos no momento en diferentes grosores. Venden cafés de diversas orixes: Colombia, Brasil, Costa Rica, Kenia, Jamaica, México, Australia, Etiopia, Nicaragua, Guatemala, Puerto Rico Cuba Sumatra e Panamá. Web: https://cafescampinas.es/
- Cafés Do Noso. Torran en Salvaterra do Miño, e ademáis de venderse en algúns supers, teñen unha tenda en Praza da Independencia (Do Noso Gourmet). Pois podedes comprar en grau ou moido a diferentes tamaños. Teñen cafés de multiples orixes, Colombia Brasil, Burundi, Nicaragua, Guatemala, Etiopia, Kenia. Instagram: https://www.instagram.com/grupodonoso/
Pequenos Torradores de Cafés de Especialidade en Vigo e Arredores
- Forest Coffees. Podedes mercalos en Sabor Maestro, en Marques de Valladares. Son cafés de especialidade de diversas orixes que torran en Vigo. Estaban propoñendo 4 gamas, que describen con cores e nomes descriptivos coma Traditional, Sweet, Exotic, Strong e Citric (o descafeinado nesta ocasión). En todos estes cafés son dunha orixe específico, cafés de finca e con todo o detalle. O que fan un chisco diferente e que escollen fincas e orixes de tal maneira que axusten a un de estes perfiles. Así o cliente vai ter sempre 4 perfis de sabor sen ter que andar a investigar entre varias orixes. Instagram: https://www.instagram.com/forest_coffees/
- HiDay. É unha cafetería de especialidade que esta nos baixos do Colexio de Arquitectos (pegados a Principe). E encarga que lle torren café para a súa marca. Un de eses torradores son os de Singular en O Grove, co cal podedes mercar café dun microtorrador das rías baixas sen sair de Vigo. Neste caso as orixes e os cafés van variando segundo os meses. Pasade pola cafetería, pedide uns cafés, e se vos presta ... podedes mercar un paquete para levar a casa (en gran ou moido). Instagram: https://www.instagram.com/hiday.coffee/
- El Club del Café. Neste caso Club del Café son uns torradores de Pontevedra que tamén teñen cafetería e tenda en Vigo: en Velazquez Moreno. Cafes de especialidade de diversas orixes (segundo haxa disponibilidade de lotes) pero sempre haberá café de Brasil, de Colombia, de Etiopía, Kenia e algún centroamericano. Na súa web podedes ver un pouco que cafés teñen torrados: https://clubdelcafe.es/
- Papayo Coffee Roasters. Neste caso están en Cangas do Morrazo, onde teñen unha pequena cafetería e un torrador (teñen a máquina de torrar dentro da propia cafetería). Aquí tedes seguro que todo o café é Colombiano. Porque o torrador e propietario é colombiano e aproveita o seu coñecemento do país para traer a Galicia o mellor do café de Colombia. Que non vos pareza que non vai a haber variedade, Colombia nos cafés de especialidade ten moitas variedades e perfís de sabor. En Papayo haberá sempre algún café que vai prestar co teu gusto. Instagram: https://www.instagram.com/papayocoffeeroasters/
Café italiano de importación
- Coffee Passion Galicia. Saindose un pouco do mundo do café de especialidade de tendencias anglosaxonas, en Coffee Passion (Lopez Mora, onde a Policía Nacional) propoñen café torrado en italia (pero non nunha multinacional, se non nunha pequena torradora). Se sodes de espresso e gustades ese carácter italiano, aquí este café tenvos que encantar. Tamén vende café de especialidade e diversas orixes ademáis de blends específicos para espresso (de entre outros torradores de Torrefazione Settegrammi). Ademáis a tenda é unha pequena cafeteria: podedes probar café preparado nunca cafetera de palanca coma se estila no sur de Italia. Unha cousa moi especial. Instagram: https://www.instagram.com/coffeepassiongalicia/
Máis tendas onde mercar café
- Café Sanantón. Pois mira, tamén en Lopez Mora, por onde o parque de CJC. Nesta cafetería, podedes tomar cafés preparados por eles (tanto espresso, coma pour over), picotear petiscos venezolanos e tamén mercar café en gran (e moido). Teñen cafés de latinoamérica (Colombia, Panamá, Nicaragua, Bolivia) e tamén africanos (Kenia e Etiopía). Teñen boa variadade, grans de calidade e bó trato. Instagram: https://www.instagram.com/cafesananton/
domingo, 29 de junio de 2025
Adega Pateira: tradición e xuventude para o viño do Rosal
En Adega Pateira conseguen manter a tradición dos viños do Rosal elaborando viñazos e viños moi serios, 🙂
O seu viño de entrada é un moi tradicional Rosal, chamado xustamente Pateira e ca etiqueta marela. Coma estilan son 70/30 de Albariño e Loureira. Pero… xusto á inversa de outras adegas: 70 de Loureira e 30 de Albariño. Prezo axustado e unha boa introducción á adega é a coma eran os viños do Rosal de sempre.
Se vos gustou o Loureira podedes ir a 100%: Buraca. Todos os aromas florais e corpo xentil e fresco da uva. (E coma en case todos os seus viños só 12°, prefiren facer viños lixeiros).
Temos que entender que os viños son mais que unha botella ou etiqueta. Detrás hai xente que pasa 4 estacions traballando para cada colleita. Tivenos ocasión de estar no Rosal con Sandra e Pablo e vimos moita paixon, unha idea clara de a donde queren ir e un amplio coñecemento (da tradicion por herencia e das novas tecnicas por formación e curiosidade).
Apuntade esta pequena adega e tentade conseguir botellas.
domingo, 25 de mayo de 2025
Duchesse y Rodenbach: cervezas peculiares
El 2024 ha sido para mi el año de un tipo de cervezas: la Duchese de Bourgogne o la Rodenbach. No porque la estuviera tomando continuamente, si no porque en el 2022 no las daba conseguidas por ningún lado, pero en estos dos últimos años, de repente ya es sencillo obtenerlas (en Galicia):
En mi caso, la curiosidad por estas cervezas comenzó por un día que para el cumpleaños de Javi preparé una tabla de quesos y intenté conseguir un maridaje de cervezas belgas (que es algo que le gusta mucho a el). Con el queso Xiros de Bisqato (y tambien para el Terra de Airas Moniz), estuve investigando y las recomendaciones de maridaje para quesos cremosos de pasta blanda los belgas decían que se podía usar una Rodenbach o una Duchesse de Bourgogne. Y ahí me puse a dar vueltas y buscar en tiendas y cervecerías a ver si la encontraba y nada. Y en parte de esta búsqueda caí en la cuenta que yo había tomado estas cervezas, pero hace mucho tiempo (un poco despues de entrar en la UE de repente había enorme variedad de cervezas de toda europa y abundaban los bares con 100 o 200 botellas diferentes): y desde entonces la verdad no recordaba haberlas encontrado.
¿Que son las Vlaams Rood Bruin?
- Se parte de malta tostado que toma color rojizo. (Rodenbach menciona que incluyen maiz).
- Hay una primera fermentación alta (por eso la describen como ale).
- Luego la cerveza se almacena en unas enormes barricas de roble donde se deja madurar y tambien sufre una segunda fermentación espontánea (donde aparecen bacterias lácticas).
A pesar de que en el barril inicialmente tiene esa fermentación láctica y se pone más ácida, al cabo de dos años en el barril va evolucionando y los ácidos se transforman en ésteres. Por tanto la cerveza comienza siendo ácida y luego termina volviendose dulce.
A la hora de venderlas es habitual hacer una mezcla de cerveza joven (ácida) con algo de cerveza envejecida (más dulce) para compensar. Ejemplos típicos: Rodenbach Grand Cru o Duchese (Excepto la Rodenbach Classic, que es principalmente joven, y por tanto más ácida y más ligera).
Pero en la zona hay mucha tradición de hacer tambien versiones afrutadas de las cervezas (se mezcla la cerveza ya envejecida con fruta y se deja macerar unos meses). Por ejemplo la Rodenbach Alexander o la Duchesse Cherry.
¿Como son y comos saben?
Yo no me he lucido mucho sirviendolas en casa, y así que no se les ve mucha espuma a las de la fotos de arriba, pero di tengo una foto de una Duchesse de barril y como veis tiene una espuma muy espesa (pero no muy persistente, en un ratito ya se había ido).
Pero como comentaba en el principio, si bien en el 2023 me fue casi imposible conseguir en Galicia algunas de estas botellas... en el 2024 (y ahora en el 2025 continúa), las cervecerías de mi zona estan todas bastante abastecidas (incluso pude tomar Duchesse de Bourgogne de barril). Siguen sin ser aún así crevezas populares, pero se ve que hay un nuevo interés en ellas.
Funcionan muy bien acompañando platos
| Rodenbach Alexander con queso azul (y manzana y miel). |
![]() |
| Duchesse de barril con Brie. |
| Duchesse acompañando Gorgonzola untado en Apio. |
Que aquí volvemos un poco al comienzo. Cuando comentaba que había escuchado hablar mucho de ellos cuando buscaba una cerveza para tomar con quesos grasos. La frescura que tiene al principio combinada con ese retrogusto potente que tiene de taninos se adecuan muy bien a comida muy intensa (por grasa por ejemplo). Comida que opacaría el sabor de otros tipos de cervezas (o vinos).
Onde mercar Duchese ou Rodenbach polas Rías Baixas
Esta parte xa vai en Galego, porque ainda que alguén caiga aquí a través de Google, non vai a achegarse a comprar birras a Vigo ou o Morrazo. Nas cervexerías que vou habitualmente, adoitan a ter botellas de Duchesse ou Rodenbach (ou Duchese e Rodenbach) nas súas neveras. Eu tanto tomo no lugar, coma ... merco para levar para casa. Porque eu quero estas cervexas para facer combinacións tolas de comida. De feito tomalas no local... non me tira tanto. Non as vexo coma cervexas para tomar de por si, se non xunto con comida potente.viernes, 7 de febrero de 2025
O circulo de intercambio de café
Cambiei de choio este verán, e no meu primeiro día tamén incorporou outro compañeiro. Eu viña de Vigo, e S. ven de Shanghai (ainda que leva vivindo en Madrid dende hai un par de anos). Comezamos a falar e coincidiu que os dous temos bastante afición polo tema do café. Se ben traballamos en sitios separados, cada mes coincidimos en Madrid, e eu levo algún café dun torrador galego, e S. comparteme algún dos seus cafés favoritos.
Honduras Finca Moka
Panama Finca Santa Teresa Volcan Baru Geisha
sábado, 1 de febrero de 2025
Herencia Caval - Tercer Año - 2020 - Rioja
O que sí, e que non teño nen idea donde mercar os seus viños. En Internet que topas de todo (ainda que sexa AGOTADO) non hai nada. Así que quedo cas ganas de mercar máis. A esperar e a ver se podo ter de novo ocasión de mercar máis botellas. Porque gustar, gostei.
miércoles, 18 de diciembre de 2024
Polvoróns (e Mantecados) a eito!
Pois por estas datas é bastante habitual que a xente poña a rosmar sobre o que lle gusta e non lle gusta das comidas do Nadal. E é bastante xeralizado escoitar á xente que non lle gustan nada os polvoróns.
Pois hai (algunha) xente á que lle gusta (moito) os polvoróns/mantecados! 😝 Coma a meu afillado que vive en París. Así que dende o ano pasado como non pode vir polo Nadal, pois fagolle chegar unha caixa con polvoróns ou mantecados.
Pero coma son así de teimudo, pois non envío un só tipo se non de varios fabricantes, para que compare e para que cada rillada sexa diferente.
Este ano o envío levaba:
Os Felipe II (Vitoria), Que son brancos e teñen a amendoa moi fina. E seica todos os anos esgótanse a pesar de ser ben caros.
Dende o sur, os El Patriarca veñen de Estepa (Sevilla) e son outro choio, de canela e con ajonjolí.
E desde Jijona unha marca non tan extendida pero con moito nivel: La turronería. Aqui xa non son redondos e volvemos a ter amendoa, pero xa un pouco máis grauda (nótase ó comer).
Os Toro son de Tordesillas, e son un tanto máis cativos, pero ... veñen a representar a tradición de Castela. Estes son outra vez brancos e de miolo fino.
E para rematar os da Abuela Asunción que teñen o choio de que van nun celofán onde non se ve ben o nome. Neste caso ves clarísimo que son feitos a man ,e nen teñen forma de disco nen alongada. Son coma boliñas. E dentro de cada bóa hai 2 amendoas enteiras!
Bueno pois os polvoróns istes xa están en París. E ca cousa curiosa, que eu cando entreguei a caixa dixen que levaba polvoróns, pero a rapaza de correos puxo "decoraciones navideñas". 🤷♀️ Pero coma vedes os paquetes pasan por raios X, e alguén en Madrid xa corrixiu que que ían polvoróns. Chegar chegaron.
E para rematar, sempre me fixo moita gracia, que unha das marcas que compiten con Felipe II son os de Carlos I (Sevilla). Neste caso é curioso porque estas dúas marcas si que teñen mantecados moi parecidos en textura e sabor!
E para rematar, alguén preguntará ¿cal de todos estes é o meu polvorón favorito? Pois nengún de estes. O que máis me gusta é un de Navarra que fan os de Antonio Anaut, que son abraiantemente brancos e que teñen un sabor intensísimo a canela. Bruutal! A putada é que na tenda que mercara os Antonio Anaut, este ano non ós trouxeron Certo é que o ano pasado non os acabaran, pero eu fora e mercara todos os que quedaban! Este ano estiven esperando a ver se os traían pero agora xa estamos a mediados de Decembro e xa non teño. Para o ano que ven teño que ver de encargalos online ou algo así, porque francamente coido que son uns polvoróns moi especiais.
viernes, 6 de diciembre de 2024
Mercar peixe e marisco online: funciona ben?
Se tes curiosidade coma é e que tal funciona o de mercar marisco online... pois contoche eu.
Eu inicialmente non tiña pensado dicir moito do tema, só poñer as fotos das ostras e do viño e fiesta! Pero logo pensei que se cadra hai moita xente que non topa algunhas cousas na pescaderia ou vive nun sitio sen ela... e anda a pensar coma safar.
Pois bueno, a min pasame un pouco de iso. Se ben Galicia é productora de ostras, non sempre é facil topalas nas pescaderías, ou non quero facer X kilómetros para ir dar a algún sitio que os teña.
Non sei se lembrades cando estabamos na primeira post-pandemia e non podías sair do concello e eu tiña antoxo de ostras para aninovo, e entón encarguei por Internet. E coma aquilo funcionou moi ben apuntei para se me facía falla pedir máis veces.
Deixo aquí as fotos paa que vexades un pouco coma pode ser o producto: eu pedín ostras planas pequenas (eu prefiro moitas ostras pequenas ca poucas grandes, e se ben adoro a rizada, a plana é algo que non abunda tanto e case nunca me poñen nos restaurantes así que sempre ando con gana de elas).
Eu aquí falovos de ostras, pero nas webs venden máis ben marisco, outros tipos de cunchas e tamén peixe fresco. De feito probablemente vendan moito máis deso. O envío,os prezos e o de que veña todo fresco aplica para o outro coma para as miñas ostras.
Das vosas preguntas:
- o marisco é bó? pois eu coido que exelente, sempre me viñeron de primeira, ben vivos.
- está ben de prezo? pois así segundo vexades, na páxina web indicanche o prezo e ti decides se che parece ben ou non
- e canto custa o envío? pois mira, ainda que as veces poñen un aprox de 20€, en realidade coma o envio e dentro de Galicia a min saeme por 5€, que me encaixa ben
- e tarda ben pouco, encargalas e chegan á maña seguinte. Ademáis ecolles ti o día de maneira anticipada non tes que mercar o venres para a fin de semana, encargalas ó martes e eles apuntan o pedido e conseguenchas para o venres e mandancho para que as teñas o sábado.
E bueno coma o choio non era informativo e nada promocional, pois non dixen onde merquei. Pero ben se be na caixa que son os de Sal y Laurel. 😂
Hai varias outras empresas e opcións en Galicia (de feito eu merquei tamén de outra, moi ben, pero vese que deixou o negocio). Pero claro, eu só podo recomendar a que coñezo.
Ah, en canto ó viño, pois era un espumante de alvarinho que fan en Melgaço, de Quinta das Alvaianas. Que traballan en producción biolóxica en todas as súas viñas. E preparan por un lado un alvarinho, pero tamén elaboran un espumante polo método champanois.
Ah, e non menos fardar un pouco co enfriador chulísimo de sardiñas, tamén Portugués. Mercado en Valença.

































