domingo, 29 de junio de 2025

Adega Pateira: tradición e xuventude para o viño do Rosal

En Adega Pateira conseguen manter a tradición dos viños do Rosal elaborando viñazos e viños moi serios, 🙂


O da tradición vai porque están moi a tope co de revalorizar a uva Loureira que era maioritaria no Rosal ata a industrialización do viño da zona. (Un pouco por estar a facer viños que escapan do estilo máis comercial en Rias Baixas e outro por ser unha adega moi diminuta, non embotellan ca etiqueta da DO, para que non vos pareza raro ó ver as súas botellas).

O seu viño de entrada é un moi tradicional Rosal, chamado xustamente Pateira e ca etiqueta marela. Coma estilan son 70/30 de Albariño e Loureira.  Pero… xusto á inversa de outras adegas: 70 de Loureira e 30 de Albariño. Prezo axustado e unha boa introducción á adega é a coma eran os viños do Rosal de sempre.

Se vos gustou o Loureira podedes ir a 100%: Buraca. Todos os aromas florais e corpo xentil e fresco da uva. (E coma en case todos os seus viños só 12°, prefiren facer viños lixeiros).

Que teñan tanta paixón pola Loureira  non quere dicir que non  saben traballar a Albariño! Coma proba eles tamén embotellan o Pampaloa, que é 100% Albariño. Fresco e elegante, moi salientable.

E tamén teñen unha curiosidade… (porque so producen 260 botellas!) un rosado moi goloso de Mencía. Se queredes probar un rosado moi orixinal que non ides ver no Instagram de todo o mundo. Se queredes facervos os exclusivos, buscade o Pateira Rose na súa web ou achegádesvos polo centro de O Rosal que é onde teñen a súa adega. 

Temos que entender que os viños son mais que unha botella ou etiqueta. Detrás hai xente que pasa 4 estacions traballando para cada colleita. Tivenos ocasión de estar no Rosal con Sandra e Pablo e vimos moita paixon, unha idea clara de a donde queren ir e un amplio coñecemento (da tradicion por herencia e das novas tecnicas por formación e curiosidade).



Apuntade esta pequena adega e tentade conseguir botellas. 

Adega Pateira https://www.adegapateira.com

No hay comentarios: