Mostrando entradas con la etiqueta oaxaca. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta oaxaca. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de agosto de 2017

¿Que son as Tlayudas?

Todo isto comenzou falando con Polo sobre esta foto:
"¿Que son las Tlayudas?"
As tlayudas son algo coma isto:
Si, todos os non oaxaqueños que vemos esto, pensamos o mesmo: é unha especie de pizza.

Pero non é tal. Sabe ben diferente. Seguide lendo porque ahí entenderes máis. De parecerse a algo pareceríase a un sope de frijoles. Pero nin tanto, porque a tlayuda sabe distinta a un sope, e nen sequeira leva as mesmas cousas enriba.

Para máis información sobre as Tlayudas, comparto este enlace, que xusto fala de Aqui es Oaxaca (o da foto de arriba) e explica que a tlayuda da foto ten un problema (as verduras):

Pero a consecuencia máis interesante da pregunta de Polo é que me plantexei:
"¿Porque non fago unhas tlayudas na casa?"

Os ingredientes:


Comezamos ca parte interesante. A primeria cousa importante é que hai que saber, que a tlayuda refirese á tortilla. Pero é unha tortilla moi especial e moi diferente a todas as outras tortillas que podedes coñecer:
  • Feita de millo, ainda que a cor é máis clara e a textura é diferente das outras (ademáis está cociñada máis forte co que queda crocante polas esquinas)
  • Ten un sabor diferente, ata un pouco anisado: o extraño é que non se pode dicir fácil de donde ven, porque non leva outra cousa ca millo, e o millo de Oaxaca non é dunha caste tan diferente. Para min é fascinante que un mesmo gran poda saber tan díferente. 
  • É moi grande: máis grande cas tortillas normales. De feito é tan grande que ata non da xeito traela dende a tenda. 
Mellor unha imaxe ca mil palabras
As tlayudas non son típicas de todo México. Son propias do estado de Oaxaca. En Oaxaca a tradición era diferente do resto do país. No canto das tortillas pequenas de millo, ou as algo máis grandes, a xente facía estas tlayudas enormes. Era o alimento básico de toda esta xente. (Agora tamén chegaron as tradicións do resto de México, pero os oaxaqueños seguen a ter preferencia polas suas tlayudas e non consumen das outras).

Agora imos á segunda fase ¿que se lle pon á tlayuda? Aquí comeza o problema. Imos a facer unha clasificación:
  • Tlayuda tradicional oaxaqueña:
    • Asiento: asiento é a grasa do touciño logo de facer chicharróns, a que queda no fondo que non é tan líquida se non máis espesa. (E moi requeimada). 
    • Frijoles refritos: pois eso, logo de cociñar os chicharóns, machacanse e ainda bastante líquidos, guisanse unha vez máis nunha tixola ... con grasa de porco
    • Queso fresco oaxaqueño: é un queixo que non está moi compacto así que se desfaragulla rápido
    • Algunha salsa picante con moito chile 
    • Carne:
      • Chorizo oaxaqueño: son uns chouriciños cativos en forma de bola e que non se secan nin curan, ainda están frescros. En México decidiron que non ían comer a tripa dos chourizos, así que en Oaxaca, como en todos lados, sacan a carne picada e guisana nunha tixola e despois usan este guiso de zorza para poñer enriba das tlayudas
      • Cecina oaxaqueña: en case todo México a cecina adoita a ser de vacún, pero en Oaxaca é de porco. Ademáis está adobada con especies e moito chile molido (coma se fose pimentón, pero picando máis). 
      • Tasajo: en Oaxaca lle din tasajo ó que ó resto de México é cecina - carne de vacún cortada finiña en tiras moi longas, que é salgada e secada no sol

cecina, chorizo y tasajo
Intermedio: despois do que tedes lido supoño que caeriades na conta que en Oaxaca, todo é un pouco diferente ca no resto de México. Son moi peculiares nos seus hábitos, e incluso en coma poñen os nomes.

  • A tlayuda tal coma pensan que son o resto dos mexicanos (e coma fan a maioría dos restaurantes, porque non hai nada peor que tentar convencer ó cliente que as cousas non son así)
    • Non lle poñen o asiento
    • Leva frijoles
    • Leva "quesillo" ou coñecido no resto de México coma "queso oaxaqueño", o cal é un problema porque en Oaxaca hai outros tipos de queixo
    • Salsa
    • Chorizo, Tasajo, cecina
    • Verduras: col, ensalada, tomate, aguacate... (cosas que los Oaxaqueños no ponen a las tlayudas)
Intermedio: aquí temos outro caso máis de coma a cociña non só evoluciona por si mesma e polos cociñeiros, se non que se a moita xente se lle mete na cabeza que a receita ten que ser dunha maneira, a receita acaba sendo de esa maneira. (Vexase que pasa cas paellas, co pulpo á feira, ...)

Poñemonos a cociñar:

Primeiro preparei a salsa. Neste caso fixen unha salsa de chile guajillo (un chile seco, longo e de cor viño, que non pica demasiado), tomates (os tomates verdes), e allo:

Intermedio: nota, en México a cor dos chiles é igual de importante ca cor dos tomates (porque levan moitos chiles) para coma queda a salsa. Por iso, esta salsa de tomates verdes é vermella. Moitas das salsas vermellas, negras, marrons ou coloradas, están feitas de tomate e non de jitomate. Para saber de que é a salsa, é máis facil mirar as sementes que leva dentro: as pequenas son as do tomate verde, e se son grandes son de jitomate.
Logo collín queixo fresco. Non teño claro ó 100% que sexa exactamente igual ó que teñen en Oaxaca, pero parecese moito a todos os que teña visto en fotos e tal. O queixo hai que desfaragullalo:





Hai que preparar uns frijoles negros, cocendoos con cebola, epazote e graxa de porco... Bueno así tería que ser así según a versión auténtica. Pero non tiña tempo, así que comprei xa frijoles preparados (e cociñados en aceite vexetal). Batinos para que quedaran cremosos:




Decidin non facer unha tlayuda de carne, se non fixena de nopales. Así que tiven que asalos nunha plancha para poñelos enriba da tlayuda:



Imos a poñer todo xunto. Comenzamos ca tlayuda:



Non fun quen de conseguir algo parecido ó asiento. Así que o que fixen foi untar a tlayuda con aceite de oliva. Graxa e graxa. Non saberá igual, pero faille falta.

Logo untei frijol por todos os lados:




E logo a poñerlle salsa (o choio é que a salsa xa tiña cor parda, e non se distingue, pero ahí hai unha chea de salsa):




Agora vai co queixo enriba da plancha a quentarse un rato.



E imos a rematar e poñemoslle un tomate e os nopales de antes:



Señores é señoras a miña tlayuda está lista:

Sei que a tradición di que hai que tomala sen doblala... pero é ben complicado de comer de esa maneira. Así que a doblei pola metade, e podese tomar coma se fora un sandwich.