sábado, 21 de diciembre de 2013

A moda dos Food Trucks, tamén no Distrito Federal

Na miña estancia no DF tentei compaxinar todo tipo de gastronomía: tradicional e de innovación, sitios careiros e lugares económicos. A idea xeral era probar todo o que parecese que ofrecía bóa comida. 

Pois unha das experiencias que non imaxinaba eu que ía a coñecer era esta moda dos Food Trucks, que naceu en California hai uns 10 ou 5 anos e agora parece que está por todos os lados. 
  • Pensamento 1: Manda carallo que traian esto dos "Food Trucks" a México DF, cando a cidade é a maior concentración imaxinable de postos, tenderetes, coches, motos, bicicletas de comida na rúa. Bueno, evidentemente isto pretende ser algo diferente ós tacos, tortas e quesadillas que venden nas rúas, e cunha clientela e unhas pretensións diferentes. Para que andar dando voltas ó termo: para modernos e xente bien.
  • Pensamento 2: Por outro lado, se hai algún sitio do mundo onde presta o concepto dos "Food Trucks" ven sendo o Distrito Federal: parecese moitísimo urbanísticamente a Los Angeles, con bóas rúas, sitios onde aparcar, e sobre todo onde a xente xúntase en lugares ben aislados. O restaurante "estático" ten o problema que non é capaz de apandar co ritmo no que as modas e as cousas mutan dentro do DF.
Eu que vou dicir. Entro na categoría de moderno e frecuento lugares moi pijoteros. De calqueira maneira, tampouco tiven nengún problema en comer nos tenderetes cutres da rúa ( tacos a 5 pesos! nen os chicles son tan baratos).

Pero, mirade, que casualidade, un sábado estaba pola zona da Ciudadela e Metro Balderas, e resulta que montaran isto ó lado:



E pasei por alí a ver que había.

O choio que montaran era bastante curioso. Nun sitio que parecía un taller (enorme) de camións abandonado, aparcaran algúns dos food trucks. Así ca avantaxe que non ía chover por riba dos visitantes podías visititar un a ún algúns dos Food Trucks que estaban a funcionar actualmente no DF.

Había, na mas pura onda Californiana, moitos de comida exótica. Isto é de comida non Mexicana. Entendo que os mexicanos teñan fame de probar outras cousas, pero eu, que veño de fora, escollín os que se centraban en comida autóctona (todos con toques modernos).

Crazy Fish

Twiter: @elcrazyfish


Esta furgoneta (que tiña uns empregados moi simpáticos coma podedes ver na foto) estaba especializada en cocina baja-californiana. Este tipo de cociña estaba moi, moi de moda (en ambientes asi pijoteros). Eu ainda non teño moi claro en que consiste este tipo de cociña: ¿a cociña tradicional do estado de Baja California? ¿É coma a cociña de Durango? ¿Cociña norteña? Logo polo que fun vendo e polo que fun probando quedo ca idea que a cocina baja, é a cociña mexicana para gringos.


Variedade infinitina de salsas. En México os restaurantes e sitios onde se serve peixe e marisco teñen sempre coma pouco 5 tipos de salsa.


Pois tomei un "taco crazy fish", que era un cacho de peixe branco rebozado cunha salsa con maionesa e vexetais cortados. Non estaba mal, pero claro, vaia decepción que só fose algo rebozado. Non ten moita historia.

Para acompañar, auga de coco, que sí estaba ben bóa.

Bueno Bonito Bistrot

Twitter: @BuenoBonitoBist

Este xa me parecía máis interesante, o concepto destes rapaces era cociña tradicional mexicana, con ingredientes o máis naturais posibles, pero con moita calidade (e prezos non moi esaxerados).

 Por exemplo coma podedes ver, ofrecían 'antojitos de bichos' que non é un xogo de palabras: eran apertivos con insectos. Ou por exemplo quesadillas de longaniza de Mérida (en Yucatán, un embutido moi de moda e que vin en cartas de moitos menús).

Eu repetín... primeiro un tamal de chipilín, que non confundir co chapulin: o chapulín é un insecto, e o chipilín é unha planta. Este era un tamal estilo Oaxaqueño: moi fino. Estaba rico, e sobre todo eu tiña moitas ganas de tomar tamales.


E para continuar, logo tomei unha quesadilla de quelites. Eu estaba moi interesado neste tema, e falarei de eles en algún posto futuro. Os quelites é coma se chaman en México ás herbas silvestres comestibles. É un nome xenérico: quelites non quere dicir nengunha especie individual. De feito acostumbran a combinarse varias para dar sabor máis variado. Non importa cales se mezlen, en principio tede seguro que van a ter un sabor bastante forte, moitas veces amargo. Hai a quen non lle gustan, e a min gústanme.

No caso dos rapaces de Bueno Bonito Bistrot, ademáis de gustarme moito a súa cociña foron moi simpáticos e falaron conmigo e contaronme moitas cousas sobre a comida que facían e tal. Moi interesante.

Primario

Twitter: @primariomx

Xa falara fai un rato dun dos restaurantes máis prestixiosos (e que máis éxito ten localmente): BIKO, que fai cociña vasca-mexicana (ou algo así). Bueno, pois coma dixen, tiña reservado no sitio e finalmente cancelei a reserva.  Pero coma non son home de conviccións, comín no Primario, un Food Truck que está asociado a este restaurante. (Bueno, non foi por conviccións, tampouco reparei no momento, foi agora facendo este post cando lembrei quen estaba detrás do primeiro).


 O Primario ofrece platos baseados na tradición mexicana pero combina moito preparacións de estilo máis europeo.

O truck leva asociado un xemelgo chamado Primario Líquido no que venden refrescos (e mezcal, pero só a botella completa, o cal é un fastidio: supoño que non teñen licencia para servir mezcal na rúa)

 Coma xa xantara nos 2 sitios anteriores, aquí no Primario fun polo postre. Isto é una creme brulee de chocolate de metate. Que se ben xa viña preparada, caramelizaronma no sitio. Isto sirve un pouco para exemplificar o que dicía antes de producto mexicano e preparación non tan mexicana. (Nota, os mexicanos adoitan a darlle un toque especiado ó cacao, e neste caso tiñao un pouco)

Ah, e non podía pasar sen probar as bebidas que preparaban, iste era un refresco de pepino, herba luisa e limón (que é coma lle chama á lima). Riquísimo. Voulle dar moi bóa puntuación o Primairo a pesares de ter o grande defecto que basicamente máis ca un restaurante parece un posto de expedición de productos preparados: todo o traían xa feito, e xa envasado, moi tecnificado.

Así que o me resumo/valoración:

  • O Crazy Fish traballaban ben (era comida feita no momento e moi xeitosa) pero adicabanse a un estilo de comida que non me entusiasma moito
  • Os meus favoritos eran os de Bueno Bonito Bistrot, co seu enfoque de cociña feita por eles mismos, con moito toque de cociña tradicional mexicana 
  • Os de Primario, tiñan o pero de que eran máis un camión de reparto de platos preparados e bebidas envasadas pero .... todo estaba tan bó, que non os podo poñer mal


Por certo, coma dixen non podía probar todos os food trucks, pero había moitos outros. Aquí van os outros:

Kebabs el Sordo

Twitter: @KebabsElSordo
Pois eso, como o nome indica adicanse a facer kebabs e comida rápida de inspiración árabe e turca. Pero con qualité. E agradecese, porque se ben o kebab esta collendo unha fama bastante sórdida como comida barata e mala, o certo é que ben feitos, con xeitiño e productos de calidade, son moi bóa cousa.


La Troqueta

Twiter: LaTroqueta


La Troqueta fai... croquetas! A verdade é que me quedou moita curiosidade de investigar o tema: en México non teño visto croquetas en moitos sitios,  serán típicas de algún lado de México? serán unha idea que trouxeron de afora?


Baudin

Twitter: @ElBaudin
Especializado en postres e batidos.

Ñham Ñham Foodtruck

Twitter: @nhamfoodtruck

Coma non ía faltar un dos tipos de comida que triunfa en Los Angeles: bocadillos vietnamitas. Por certo que eu estou super aprol do tema dos bocadillos vietnamitas, pero estaba en México, e había outras cousas que tomar. Pero se cadra se volto a dar con eles, fago a proba.

Tropikal Juice Bar
Twitter: @tropikaljuice

E para rematar estes que levaban unha camioneta de jugos de frutas tropicales. Mirade o cartel no que piden que o infernal trafico do DF teña respeto por eles.