Gustame moito moito coma era o deseño clásico das latas de conservas galegas (tamén algunha conserva moderna). E non estou falando das marcas máis habituais e frecuentes dos supermercados. Que iso é outro tema, agora mesmo con tanta marca blanca e con que os supermercados só negocian con grandes productores, que moitas das pequenas marcas de conservas galegas non aparecen polos supermercados (ou aparecen pouco).
Así que cando vou de visita por algún lado e dou con alguna lata de desño moi interesante, pois vai para casa. Que é unha colección moi xeitosa: por un lado é algo que podes gardar moito tempo, e por outro lado, cando haxa ocasión (ou necesidade de improvisar algo) pois xa tes a comida á man.

