jueves, 17 de septiembre de 2026

Deseño galego: Latas de Conservas

Gustame moito moito coma era o deseño clásico das latas de conservas galegas (tamén algunha conserva moderna). E non estou falando das marcas máis habituais e frecuentes dos supermercados. Que iso é outro tema, agora mesmo con tanta marca blanca e con que os supermercados só negocian con grandes productores, que moitas das pequenas marcas de conservas galegas non aparecen polos supermercados (ou aparecen pouco). 

Así que cando vou de visita por algún lado e dou con alguna lata de desño moi interesante, pois vai para casa. Que é unha colección moi xeitosa: por un lado é algo que podes gardar moito tempo, e por outro lado, cando haxa ocasión (ou necesidade de improvisar algo) pois xa tes a comida á man. 


Ademáis do deseño (que é unha motivación moi grande para mercar o producto, tamén me perden moito as que son de variedades que non son tan habituais, por exemplo neste caso os Chicharrillos viñeron por iso (ainda que vou dicir unha cousa, a pesar de que é un peixe que gosto moito, non sei que lles pasa, pero en lata non son dos que máis me convencen, prefiro por sabor as xoubas ou as agullas). 

No hay comentarios: