domingo, 25 de octubre de 2026

Chicharrones en Salsa (Receitas mexicanas que podes facer en Galicia)

A ver, primeiro unha excusa: Amigos mexicanos, esto no es la receta mera, mera, pero aquí en Galicia no tenemos tomates verdes y lo que tenemos aquí similares a los chicharrones tienen otra forma. Pero con tomate rojo y cortezas de cerdo (lo que ocupamos aquí) sabe bien parecido al original. 

 E agora comento para galegos que esta receita coma vedes e moi sinxela, e non necesita ingredientes rebuscados. Ademáis é cómoda porque os torreznos ou cortezas son baratas. Non vaiades mercar dos torreznos estes de Soria, este prato non quere tanta febra. Vamos, esta receita vale total para pisos de estudiantes!  

Ista receita queda xenial para facer un dos tipos de taco más auténticos mexicanos e que en España non vin en case nengún restaurante pero alá son tipiquísimos. Os tacos de guisado teñen a cousa especial que se preparan primeiro en cantidades e logo tomanse fríos á hora de xantar. De feito isto é moi típico de facer na casa e levar de tupper e comer no xantar na obra ou na rúa.

Para a salsa, pois fan falla tomates (pera ou que teñan ben de líquido). Na foto vedes de colores raros, pero é que así son os que temos na horta. Valenvos dos vermellos. Logo para min é importante meterlle pementos. As salsas mexicanas levan tomate e moito chile, nun ratio moi alto (ás veces metade/metade). Iso dalle o sabor e tamén consistencia. Non é salsa de tomate só. Coma en Galicia non hai chiles abundantes, pois eu compenso con pementos. E logo o que consego son chiles pequenos moi picantes (ahí vedes 3, dan picor a dor). 


Cociñase toddo a lume medio e logo tritúrase. Proballe o picante, se che parece meterlle máis pois é agora bó momento de meterlle algo máis de chile. Non lle poñades sal á salsa, porque os torreznos/codias xa son salgados. 


Istes son de estes torreznos de bolsa, dos que venden para picotear. Van de sobra. De feito o prato non quere que teñan moita febra, se non que teñan codia, que vai chupar a salsa e vai quedar brandiña. Non é un prato que sexa crocante, vai quedar coma xelatina. 

E xa está! 


Os tacos de guisado adoitanse tomar con algunha cousa máis coma base. Por exemplo patacas moi cocidas que parecen casi un puré, ou con frijoles tamén espesos ou con arroz. O arroz é barato e sinxelo. Coces unha ración de arroz en brancho e xa tes. 


Agora só queda facer unhas tortillas .... Sobre to tema das tortillas si me vou poñer un pouco máis repunante. Todos os super teñen xa as súas tortillas de millo de marca blanca. E logo hai un par de multinacionais a vender tortillas. Podedes probar con esas. Pero son unha merda. 

Merece moito a pena mercar tortillas bóas. En Galicia pódense conseguir as de Tierra de Alebrijes (fabricanse en Pontevedra), Tortillas Lupita (fabricanse en Carballiño). E se non hai esas, pois en Madrid fan estas de La Reina de las Tortillas ou unas Nagual.

Seica hai xente que quenta as tortillas no microondas, pero a min nunca me gustou o método. Eu sempre na tixola. Sobre isto é moi importante dúas cousas: a tixola ten que estar moi moi quente. A tope. E as tortillas fanse moi rápido dando volta cada pouco. Nestar tortillas xa adoitan a explicar coma facer. É importante hidratalas un pouco. Ánimo e a ver que tal vos quedan. 

E logo xa rematados só hai que "armar el taco". 



Arroz por baixo guisado por riba. E que haia abundancia (ata o punto de ser díficil de comer, que caia todo). Así é máis Mexicano. 

Provechito!  

sábado, 24 de octubre de 2026

Gastro-Visita do Afillado: Bar Novo Astillero

Boa experiencia facer coñecer ós visitantes algo tan tradicional de Vigo coma a comida da xente dos asteleiros. O Novo Astillero (e outros bares e restaurantes de ese rumbo) levan anos dando comida e acollida ós traballadores do naval.



¿Como acabamos ahí? Pois foi un pouco imprevisto, pero non improvisado. O afillado desembarcaba en Bouzas á hora do xantar e eu inmediatamente pensei que se viña con fam3 e tiñamos apuro, os bares dos asteleiros eran o adecuado.


Atención profesionales, ises dous cachazos de bocadillo forman un “medio bocata”. Se pedides o bocadillo enteiro tedes que ir con moita fame. Probámoslle o de filete, o de bacon con queixo (a destacar que o bacon ben torradiño, un must) e o de xamón asado. E chegamos no bó momento, porque en 10 minutos aquelo echeu de rapazolos ben fortes na pausa do bocadillo. Ambientazo e moi bóa papanza.


A ver non imos entrar na parida esa dos tops de sitios, pero por moitas razóns (e os bocadillos e o trato unha de elas), o Novo Astillero é un dos sitios de Bouzas que hai que ir algunha vez.

sábado, 17 de octubre de 2026

Caramelos!

Aquí en Laconada somos moito dos caramelos de esta marca. Ademáis non sei ben coma funciona a serendipia, pero veño de descubrir que Iago tamén merca de seguido os Ricola. Coma é que nos deu por iso ó mesmo tempo? Serendipia? 

E por un momento pensei que algo pasar co "sabor original", porque tiven que ir a 5 tendas e en todas a parte onde debían estar esaba baleiro. Finalmente, din cunha tenda que tiña. Tampouco vou crear nengunha alarma. Seguramente non hai desabastecemento ... só que a xente é o que máis merca. ¿É así? [Isto da miña fixación co sabor orixinal non é so capricho... se non que teño a sensación que o sabor orixinal xunto co de eucalipto son os que mellor desatascan, e coma eu os merco para a gorxa, pois ó que funciona ben e ten un sabor diferente - do eucalipto que de ises hai miles de caramelos de outras marcas]. 

Eu coñezo esta marca dende hai moito tempo. Pero non debía ser moi popular en España nos anos 80, porque lembro que cando pasei por primeira vez a Suiza (polo 88) trouxen unha bolsa de istas porque fíxoseme curiosa (e moi típica). O meu novo interés (de hai 2 anos) viu de saber que os caramelos Ricola son os elexidos pola Elbphilharmonie de Hamburgo para evitar que a xente tusa durante as obras, pero tamén porque o seu papel non fai ruido! 



E xa rematar comentando que nisto dos caramelos eu tamén vos sou dende fai tempo dos Fisherman's Friends. Pero istes xa son outro choio, moi máis hard rock. Teñen un sabor forte, pero o certo é que despexan que meten medo (e ata levan capsicina, así que poderíanse considerar picantes e tal). E cara outro extremo (pero tamén con sabor intenso e que moita xente odia), gosto moito dos regalices, especialmente dos italianos. Os Amarelli de Rossano, ou por exemplo estes Ebro que fan en Barcelona e que manteñen un pouco a tradición da época. De feito vexo que de sempre en Laconada tivemos moito interés polo tema dos caramelos coma aquí no 2009: Minty Mints
 



lunes, 12 de octubre de 2026

Salsa picante na casa (de 3 xeitos diferentes)

Está curioso pero veño de caer en que ... xa teño un certo hábito en isto de facer salsas picanes na casa. Todo ten un pouco (ou un moito que ver) co mato de chiles que alá polo 2016 ou 2017 naceu dunhas sementes que trouxeran de África e que lle deran a meu irmán. Sementouse en Hío e ... eses chiles seguiron vivindo nus caldeiros na finca de meus pais.

E bueno, todos os anos, a partir de xuño comenzan a sair unha chea de chiles que seguen ahí crecendo na pranta (deixa de dar flor sobre setembro) ata outubro ou novembro. 

Receita 1: chile + vinagre


Bueno, todo isto xa foi contado de maneira un pouco parecida no 2018, cando din en apañar unha chea de estes chiles e fabricar a miña salsa picante: How To: Salsa botanera de chile piquín (o piri-piri o no). Está moi ben contada, hai moitas fotos pero ... 

... esa salsa non estaba nada bóa. Foi machacar chiles e mezclalo con vinagre e coidei que xa tería unha salsa bóa, pero non sabía tan ben. 

Receita 2: chile + sal = fermentar - e só usar o líquido que solte 

Eu xa esquecera estes choios, pero un día saiume un de estes videos curtos que meten por Internet dun tipo asiático que facía a súa salsa picante fermentando chiles.  A historia non tiña moito conto excepto que había que atreverse a ter unha pasta fermentando na casa. Chiles e sal e un pouco de xenxibre. 

Aquí tedes os pasos. En canto a fermentar eu deixeino unha semana e pico. Tampouco moito. Logo o tema foi que o rapaz aconsellaba escurrir as sementes e a carne que quedara e preparar o líquido. 

E entón engadir vinagre de arroz. O invento quedou moito coma unha salsa de estilo de Tabasco. Moi fluida. Bó picor, bó sabor... 

E teño que admitir que a salsa picante moi fluida é un inventazo porque é moi cómoda de servir e mezcla moi ben tanto con líquidos coma por riba de outros pratos. 

Pena que non dou encontrado o video no que me basara, pero bueno, non ten moita historia:

  • unha cullerada de sal 
  • uns chiles frescos
  • un chisco de xenxibre 
  • trituras todo (no meu caso fíxeno no molcajete, pero non fai falla trituraos no que teñas)
  • metelo nun recipiente, tápalo cun plástico e déixalo que comece a fermentar 
  • cada día vas e remexes un pouco na mezcla (deberia botar burbulliñas e comenzar a soltar líquido)
  • cando xa leva unha semana ou máis, pois a escurrir o líquido de todo este fermentado
  • engadeslle vinagre branco (no meu caso usei de arroz) 
  • e hala, xa tes salsa 

Receita 3: chiles + salmoira = fermentar (e logo triturar)

A salsa duroume 1 ano, por certo, e xusto cando rematei con ela estaba xa a nova colleita. Coma comentei, non tiña gardado o video que vira o ano pasado así que fun buscar en Internet a ver se voltaba a dar con el ... 

... e din con varios videos diferentes. Neste caso un de eles facía un proceso un tanto diferente: metía os chiles en salmoira a fermentar. Non era tanto coma a do ano pasado, que era puro chile + sal, se non que en realidade levaba auga e sal tamén. 

Ademáis este ano tiña un par de pementos de Padrón de estes que quedan perdidos na pranta en Outubro así que estaban rabiosos. Decidín facer un pequeno monstruo. Os chiles piri-piri de outros anos, 2 pementos de Padron, e logo para darlle un pouco de cor, un pemento de Piquillo que non pican tanto. 

E coma vedes en salmoira, cun vaso enriba para asegurarme que os chiles non tocan o aire, porque é importante que todo fermente dentro da salmoira (supoño que por seguridade e tal).  E ahí está. Agora a esperar 2 ou 3 semanas. A ver coma vai cambiando. 

Xa iremos contando!