Este Nadal houbo Noitebóa francesa. Aquí somos de marisco e en Francia son de ¡Ostras! 🦪
Non sei ben como tivemos o certo agasallo de 3 fabuolosas ducías de ostras para 2 personas (o resto ou non lles gustaban ou non podían). Así que deu para dúas ceas.
Os franceses toman moitas ostras todo o ano por celebracións e no Nadal é casi obligatorio. En isto teñen unha pequena avantaxe con nos do marisco: coma a ostra criase e non é capturada, poden calcular a producción para que os prezos sendo altos non teñan picos. Ademáis as ostras aguantan uns días e non fai falla conxelar.
Eu non son moi experto no mundo da ostra francesa pero a primeira cousa é que alá case todo é "ostra rizada" (ou xaponesa). Hai... escasas e ben caras ostras planas. Pero en xeral tiran máis pola rizada (como vedes nas fotos). Outra cousa que acho interesante é que en Francia as ostras prefierans criar en estuarios, con mezcla entre auga salada e doce. En Galicia coido que case todas 100% auga salgada.
Na nosa cea tivemos ostras de 2 sitios.
- Ostras bretonas de L'Istrec.
- Ostras de Artouan en Charenne (aquí categoría normal e categoría especial)
- As bretonas moito máis mariñas, salgadas, electricas.
- As normales de Artouan, pois máis leitosas e doces.
- As especiais de Artouan, ainda máis branqueciñas, doces, gordotas e con sabores a amendoa (que sí!)
Si que estaban máis grandes as especiais e tiñan un sabor coma máis doce (doce no sentido que azucarado si).
- Champagne Alexandre Bonnet, que investigando a posteriori vexo que esta xusto na fronteira entre Champagne e Borgoña. Iso só xa é un puntazo.
- Chateau Tour Leognan, branco de Burdeos, que é o 2º viño do Chateu Carbonnieux. E obviamente non é o nivelazo do seu primeiro viño, que é un viño fantástico para tomar cun marisco fresquiño.