Eu levaba moito tempo con ganas de poder pasar no @hostallaviuda 😋. Que se non vou máis é porque non paso moito por Ourense, e dentro da provincia, Trives (sendo un lugar fantástico para visitar) queda moi a demán. Así que tiven que facer por pasar.
Maravilla. Comese moi ben! E encantame a sala amplia e dan moi bo servizo: relaxado pero moi eficiente, e sen caralladas.
Tiñan menu fin de semana que inclue viño. Pero a carta tamen estaba ben interesante e o menu do día era un regalazo. Pero eu viña de antollo asi que o menu finde. (No Instagram do Hostal informa con antelación cal vai ser o menú da fin de semana).
- cachucha prensada de aperitivo
- garbanzo (da Finca de Cuervos) con boletus e trufa
- xabarin estofado con pak choi
E de postre, a tarta de callo (de leite). Que rica!
Todo xenial. Gran sabor e moi delicado. 😋 Unha cousa que fai moi especial a visita de Hostal La Viuda é que Anxo traballa con producto da zona. E moitas das verduras estan cultivadas por eles mesmos na súa horta. Vamos, todo Km0 e todo cun carácter moi da Terra de Trives. E logo, que cociña sen medo, e facendo fusión pero buscando intensidade e pratos que van a encaixar moito ca maneira de comer cos galegos.
Restaurante e Hostal La Viuda: https://laviudatrives.es
Instagram de La Viuda: https://www.instagram.com/hostallaviuda
Instagram de Anxo: https://www.instagram.com/anxotrives
Ademáis, coma vedes nas fotos a paisaxe de Trives esta espectacular no outono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario