domingo, 27 de noviembre de 2022

Contento ca CrockPot

Tiña pendente de falar da CrockPot:

No meu aniversario regalaronme unha. Eu non tiña claro mercar (evito acumular moitos aparellos), pero agradecín que decidirán por min. Pasaron os meses e teñolle dado bo uso. 

Observade que eu teño o modelo clásico sen automatizacións. Regalaranme o automático pero cambieno polo antigo, porque prefiro usar echufes programables ou ainda millor: cun enchufe intelixente controlado dende o móvil. Practiquísimo prender e apagar dende fora de casa.

Porque o choio da CrockPot é que cociña moi lento, horas e horas. Entón é convinte programar o apagado e o prendido, e por exemplo cociñar pola noite. Non ten peligro de desbordar, e non seca o guiso (non hai risco que queme). Así perfecto para deixar sen vixiar.


Seica é perfecto para guisotes (lentellas ou fabada) pero fun máis de usalo para algo tan sinxelo coma asar unhas patacas doces durante a noite. Máis económico que facelas no forno. E quedand do estilo.


Os libaneses din que o segredo para un bó hummus é cociñar lentamente o garbanzo toda a noite. Na cociña non me atrevo a deixar nada tantas horas, pero na CrockPot, sen problema, deixalo funcionando e non desborda nin pasa nada.

Á rapazada da familia encántalles o "pulled porc", porque é tenro, doce, ácedo e sabe afumado. Variamos un pouco a receita deste video:


4 horas e a carne xa se desfía facilmente cuns tenedores. Coma vedes queda moito caldiño, non seca na ola. E así resultou o choio, a que ten unha pintaza (o dos pementos de Padrón foi para darlle un toque aquí galego).

Tamén serviou para preparar "birria", un guiso mexicano de carne de vaca que serve tanto para facer tacos coma para tomar con caldo coma unha sopa (moi cárnica, carne e caldo e xa).
Aqui tiramos un pouco de istoutra receita: 


E cun eito de pingo/manteiga de porco, podedes facer "carnitas". Hai que usar primeiro unha ola a todo gas para "sellar" fritindo no pingo. Pero logo deixades temperar a manteiga e "confitase" a carne durante 4 horas no CrockPot. Queda pendente de compartir a receita e astucias.


E quedan máis cousas que fixemos, coma cochinita pibil, e outras cousas. Teño que ir compartindo as nosas versións cas receitas con tempos e consellos de que carne e ingredientes usar. 

No hay comentarios: