lunes, 22 de enero de 2024

Baroleando (e esperando)

 

Este ano e polo Nadal aproveitando que temos uns enviados vivindo en Piamonte, aproveitei para meterme no lío do mundo dos Barolos. Eu de Barolos non sei, moito. De feito nunca probei un (Probei Nebbiolos de Piamonte: Barbarescos e algún de Alba. Coñezo a uva, coñezo o estilo - Barbaresco é moi comparable cun Barolo - pero nunca probei o verdadeiro bicho. Veña, pois imos gastar un pouco de cartos e traer para a adega un par de botellas e ver que pasa. 

E cando digo traer para a botella, é porque se ben estes viños xa sairon ó mercado para beber, tamén é certo que se recomenda darlle 6 ou 10 anos para que sigan afinando en botella e que os podas disfrutar mellor. E mira, eu non teño problema (e si moita curiosidade) en deixalos que pasen tempo na adega fresquiña da casa dos meus pais. 

Eu pedín que me trouxeran estes dous. Seguin o consello de piemonteses (e non tanto caso a Parker), pero sobre todo a idea era mercar viños a menos de 50€. Seguramente hai viños máis famosos e prestixiosos pero... estes dous parecen moi bós e curiosamente as súas dúas adegas teñen importancia na historia moderna do Barolo: 

- Ratti Barolo Marcenasco 2018. As vides estan en La Morra, de onde veñen os Barolo máis perfumados, con taninos máis suaves. E ademáis é un viño dunha soa finca (Marecenasco).


¿Cal é a relevancia de Renato Ratti? Pois resulta que tradicionalmente (dende o século XIX, realmente) o viño Barolo elaborabase combinando uvas de diferentes fincas (e coma moito indicando a vila onde se elaboraba). 


Pois resulta que Renato Ratti chegou a Barolo nos anos 60, e comprou unhas terras. E tivo a teima de que había que estudiar as características das fincas da rexión e crear un mapa indicando cales eran mellores. Fixo un primeiro mapa das fincas do Barolo e tamén comenzou a vender o seu viño indicando o nome da súa finca. 
Inicialmente non caiu nada ben esta idea entre os outros adegueiros. Pero o home teimou, e teimou (e era moi diplomático e convincente) e agora mesmo a propia DOCG Barolo asumiu o tema e calificou as fincas. Agora mesmo hai un equivalente ós "crus" (Menzioni Geografiche Aggiuntive). 

A parte irónica de todo isto é que esta primeira finca de Ratti (Marcenasco, a de esta botella) non é unha das tops (facer o mapa para beneficio dos outros adegueiros e non el).... pero é das mellores. Un bó viño, e este viño é o herdeiro de ese primeiro Marcenasco que naceu nos 60s. 


- Domenico Clerico Barolo 2019. Este viño é de Monforte D’Alba, de onde son os Barolo máis concentrados e tanínicos. Ademáis iste viño aplica o outro tipo de vinificación oposto: é un blend de Nebbiolo de diferentes fincas, pero todas da zona de Monforte. 

Domenico Clerico ten parte da seguinte revolución no Barolo: os Barolo Boys e as Barolo Wars. Nos anos 80, os fillos novos (e supoño que novos propietarios que viñeron de fora) quixeron modernizar o Barolo. Porque tradicionalmente o Barolo deixabase macerar durante moitos días, logo envellecía en barricas moi grandes (durante moito tempo, necesario porque era moi tanínico), e daba un viño moi potente e ás veces un pouco abrumador á hora de beber.
 

Os novos querían un viño máis fresco e lixeiro, e entón cambiaron a elaboración (menos maceración, barricas máis pequenas). O choio é que isto non foi un cambio aceptado por todos e ademáis había discrepancias dentro das propias adegas e entre viciños. Así que a cousa escalou a moitas discusións e enemistades. 

Pois bueno, Domenico Clerico era un dos Barolo Boys (os que querían cambiar) máis importantes. A parte irónica (outra vez máis) é que co paso do tempo volveuse a tentar facer os viños máis coma era tradicional, ou canda menos facer os viños dun estilo intermedio. E resulta que esta botella que teño é do Barolo estilo tradicional que fai Domenico Clericó.  

Así que estes dous viños serviranme de introducción ó mundo do Barolo (cando chegue o momento) e de momento xa me serviron, informándome sobre as súas adegas para coñecer máis sobre a historia, os terroirs e os estilos de elaboración dos Barolos. E xa antes de bebelos! 



martes, 2 de enero de 2024

Casa Sidrón, en Pieiga, Negueira de Muñiz

Maravillosa paisaxe, moi bó xantar e uns viños que han sorprender. Casa Sidrón en Negueira de Muñiz.

Eu coñecin de Casa Sidrón polos seus viños (viños no norte de Lugo, da IXP Terras do Navia), e tamén falando fun sabendo un pouco máis do seu val, do viño e do restaurante. E quedei con antollo de ir, e ... cando tiven ocasión tirei cara Negueira.

O val do Navia é unha beleza. Ahí encaixado entre montañas... ainda que estando perto de A Fonsagrada non é tan frío. O que si é un tanto neboento polo do encoro. Negueira é un concello pequeno con pequenas aldeas. E Casa Sidron está en Pieiga a uns kilometros da capital do concello.

O restaurante é na casa familia remodelada, unha fermosura e moi ben rehabilitado. Na pranta baixa hai unha barra, e logo subes polas escaleiras e teñen un salón para comer ben grande, con vistas e unha lareira.

E en canto á comida, pois tedes cociña tradicional, pero feita cun toque moderno (pero moi respetuoso ca tradición). Vai gustar ós que queredes a cociña de sempre, pero tamén a os que andades un tanto cansos de sempre o mesmo. Hai no menú opcions de año e de cabrito ó forno. E tamen hai pratos de cociña asturiana (porque Asturias está o lado, e porque a cociñeira é asturiana).

Eu tomei as troitas, o año (lechazo) asado e de postre una torrija con xelado de mandarina.




E sobre os viños, pois tedes que probalos. Os viños de Adega Sidrón traballan cas castes tradicionais da zona (Branca Lexitima, Verdello Tinto, Tinto Sorodo) e a máis extendida Mencía. Estas castes propias fan que o seus viños teñan un aquel diferente e moi orixinal. Son viños que non teñen comparación. A pesares de que vexades a Negueira tan ó norte no mapa... son viños cálidos, porque é un lugar moi quente no verán e por estar en terreos de lousa (que garda moita a calor). Eu dinlle ó Pizcos, un branco lexítimo de cepas vellas con crianza que ten o carácter para poder con carnes e o que sexa.