domingo, 25 de octubre de 2026

Chicharrones en Salsa (Receitas mexicanas que podes facer en Galicia)

A ver, primeiro unha excusa: Amigos mexicanos, esto no es la receta mera, mera, pero aquí en Galicia no tenemos tomates verdes y lo que tenemos aquí similares a los chicharrones tienen otra forma. Pero con tomate rojo y cortezas de cerdo (lo que ocupamos aquí) sabe bien parecido al original. 

 E agora comento para galegos que esta receita coma vedes e moi sinxela, e non necesita ingredientes rebuscados. Ademáis é cómoda porque os torreznos ou cortezas son baratas. Non vaiades mercar dos torreznos estes de Soria, este prato non quere tanta febra. Vamos, esta receita vale total para pisos de estudiantes!  

Ista receita queda xenial para facer un dos tipos de taco más auténticos mexicanos e que en España non vin en case nengún restaurante pero alá son tipiquísimos. Os tacos de guisado teñen a cousa especial que se preparan primeiro en cantidades e logo tomanse fríos á hora de xantar. De feito isto é moi típico de facer na casa e levar de tupper e comer no xantar na obra ou na rúa.

Para a salsa, pois fan falla tomates (pera ou que teñan ben de líquido). Na foto vedes de colores raros, pero é que así son os que temos na horta. Valenvos dos vermellos. Logo para min é importante meterlle pementos. As salsas mexicanas levan tomate e moito chile, nun ratio moi alto (ás veces metade/metade). Iso dalle o sabor e tamén consistencia. Non é salsa de tomate só. Coma en Galicia non hai chiles abundantes, pois eu compenso con pementos. E logo o que consego son chiles pequenos moi picantes (ahí vedes 3, dan picor a dor). 


Cociñase toddo a lume medio e logo tritúrase. Proballe o picante, se che parece meterlle máis pois é agora bó momento de meterlle algo máis de chile. Non lle poñades sal á salsa, porque os torreznos/codias xa son salgados. 


Istes son de estes torreznos de bolsa, dos que venden para picotear. Van de sobra. De feito o prato non quere que teñan moita febra, se non que teñan codia, que vai chupar a salsa e vai quedar brandiña. Non é un prato que sexa crocante, vai quedar coma xelatina. 

E xa está! 


Os tacos de guisado adoitanse tomar con algunha cousa máis coma base. Por exemplo patacas moi cocidas que parecen casi un puré, ou con frijoles tamén espesos ou con arroz. O arroz é barato e sinxelo. Coces unha ración de arroz en brancho e xa tes. 


Agora só queda facer unhas tortillas .... Sobre to tema das tortillas si me vou poñer un pouco máis repunante. Todos os super teñen xa as súas tortillas de millo de marca blanca. E logo hai un par de multinacionais a vender tortillas. Podedes probar con esas. Pero son unha merda. 

Merece moito a pena mercar tortillas bóas. En Galicia pódense conseguir as de Tierra de Alebrijes (fabricanse en Pontevedra), Tortillas Lupita (fabricanse en Carballiño). E se non hai esas, pois en Madrid fan estas de La Reina de las Tortillas ou unas Nagual.

Seica hai xente que quenta as tortillas no microondas, pero a min nunca me gustou o método. Eu sempre na tixola. Sobre isto é moi importante dúas cousas: a tixola ten que estar moi moi quente. A tope. E as tortillas fanse moi rápido dando volta cada pouco. Nestar tortillas xa adoitan a explicar coma facer. É importante hidratalas un pouco. Ánimo e a ver que tal vos quedan. 

E logo xa rematados só hai que "armar el taco". 



Arroz por baixo guisado por riba. E que haia abundancia (ata o punto de ser díficil de comer, que caia todo). Así é máis Mexicano. 

Provechito!  

No hay comentarios: