Xa vos anunciara o que viña (Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe) , xa o contaron na prensa (Reivindican el realismo culinario en la narrativa de Cunqueiro), pero.... a que apetecen as fotos da comida?
Non quero menos falar da fantástica cata de viños galegos rememorando ás castes e estilos que tiñan os viños tal coma os coñeceu e prestixiou Cunqueiro. Unha cata fantástica que organizaron Antonio Portela e Manuel Gago.
Aperitivo:
(en Restaurante Acio)
Capón con verduriñas, ó aroma de figueira (coma non había figos nesta época, o que fixo o moi enxeñoso Iago Castrillón foi usar fume de ramas de figueira). ¡¡Triunfazo!!
Xantanza:
(en Restaurante Pedro Roca)
Neste caso hai que destacar, para que digan logo de problemas de egos e cousas de estas, que colaboraron 5 cociñeiros: Pedro Roca, Marcelo Tejedor, Flavio Morganti y Chef Rivera . Pareceme un detallazo, tanto en honra de Cunqueiro, coma para a nosa sorte: un non ten oportunidade de disfrutar dunha colaboración de tantos quilates.
Lacón trufado con ovo fiado:
Cantas lembranzas ten este prato: na miña familia hai tradición de facer nas festas este lacón prensado. O que si que non o acompañábaos con esta fantástica trufa (mirades que grande e fermosa é). E que pasou co ovo fiado, que xa non se ve por ningures? Prato para se sentir coma un gran señor de fai 100 anos.
Ostras en escabeche (con setas)
Outro plato fantástico de seculos pasados que xa case que perdeu. Eu xa só tiña lido referencias ás ostras escabechadas (agora xa só se estilan á maneira francesa). Dígovolo claramente: ogalla retornase este vello hábito (tanta historia ca ostra crua, nen que cociñala lixeiramente a estragase, que vá)
Bertóns recheos de salpicón de centola
Non vou insistir en que eu non vos sou de marisco, pero estaba excelente. O que quedei epatado foi co punto de cocción e a calidade desta berza. Unha das cousas que máis me impresiona dun cociñeiro (un aplauso Pedro) é o punto que lle dan á verdura.
Ancas de rá en preve verde
Pensábades que a cociña cunqueirana era previsible? Pois non, tamén disfrutamos con platos tan lixeiramente exóticos coma puramente galegos (con tanto río coma temos, coma non imos ter rás) coma estas ancas fritidas. (A algún deulle un certo repelús, que lle imos facer!)
Risotto de vaca vella
Non hai foto!! Coma que non hai foto? Pois porque lanceime de tal maneira a xantar, que cando me din conta xa non quedaba nada. (Flavio, maior éxito ca ese non hai, conseguir que esqueza sacar foto)
Perdiz ao Espeto
Increíble, mira que sempren din que a caza é correuda, ou que ten sabores moi fortes, estas perdices que viñan ainda sanguinolentas eran tenriñas e sabrosísimas (e certificadamente de caza, que tiven un perdigonciño). Por certo, para todos os amantes da caza, non esquezades que en Chef Rivera están actualmente ca súa tempada de caza, e mellor sitio non vos hai.
Requeixo con Mel
Tarta de Mondoñedo
Do requeixo, non hai postre tan sinxelo e tan fantástico, pero sen que lle pareza mal a tan bo postre, non podo menos que quedar alucinado ca reinterpretación que fixo Pedro Roca da tarta de Mondoñedo. Acolloante, un postrazo que confío que manteña no menú.
Melindres
Non esquezamos esas maus de Marcelo Tejedor, que fixo unhas rosquillazas/melindres. Cousiñas tan bóas, porque un só as pode tomar en ocasións especiais? Mil gracias Marcelo!!
Contado con máis arte e mellores fotos:
- #ACunqueiro: El día que Pedro Roca se convirtió en Beiral en Pantagruel Supongo
No hay comentarios:
Publicar un comentario