sábado, 19 de noviembre de 2011

Cunqueiro III

Primo de Baltar, que era un compoñedor mui estimado, díxolle a Bouso que o primeiro era sacudirlle a cabeza para atrás, que sendo alí mui ancha, os ósos estarían máis cómodos. Sacudiuma como dixo. Seguidamente, e durante dous días seguidos, estando delambos sin comer, o científico e o doente, e sin beber e descalzos. Primo púxolle na traseira da cachola parches de cera quente, co cal, pasando a cera ao interior, pegou os ósos uns con outros e todos á que Primo chamou "a bóveda da campana", que hai nalgúns suxetos, e Bouso era distes. Os que soñando dormidos escoitan correr o vento, é que a teñen. Rematado o pegamento, Bouso e Primo comeron un CABRITO, e beberon media cántara de VIÑO. Primo cobrou cento vinte e sete pesetas, as vinte e sete da cera. Bouso, ademais puxo o cabrito, o viño, o pan, os cafés e máis o coñac.
Xente de Aquí e De Acolá

Unha lembranza ó noso grandioso escritor Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento e tamén 30 aniversario da súa morte. 

Esta e outros extractos da Obra de Alvaro Cunqueiro foron tiradas da escolma preparada por Miguel Vila Pernas e titulada: Na Mesa con Cunqueiro publicado polo Consello da Cultura Galega

Para honrar a súa memoria e lembrar a súa importante relación ca cociña galega, vaise celebrar unha homenaxe o 26 de Novembro en Santiago: Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe

No hay comentarios: