Pardo gastaba tamén moito VIÑO DE MÁLAGA. Cando se sentaba a escribir a receita, anque foran as doce do día, mandaba acender unha vela. Adoitaba a cobrar tres pesetas: seis reás por mirar o enfermo i outros seis por escribir a receita. De propina ademitía unha TORTILLA DE CHOURIZO ou de XAMÓN, i un vaso de VIÑO. Iba a Romariz a visitar dez enfermos, poño por caso, e dez eran as tortillas que papaba.
Escola de Menciñeiros
Unha lembranza ó noso grandioso escritor Álvaro Cunqueiro no centenario do seu nacemento e tamén 30 aniversario da súa morte.
Esta e outros extractos da Obra de Alvaro Cunqueiro foron tiradas da escolma preparada por Miguel Vila Pernas e titulada: Na Mesa con Cunqueiro publicado polo Consello da Cultura Galega
Para honrar a súa memoria e lembrar a súa importante relación ca cociña galega, vaise celebrar unha homenaxe o 26 de Novembro en Santiago: Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe
Para honrar a súa memoria e lembrar a súa importante relación ca cociña galega, vaise celebrar unha homenaxe o 26 de Novembro en Santiago: Cunqueiro e a gastronomía galega: unha homenaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario