miércoles, 7 de diciembre de 2011

Restaurante Acio: mimá ca pescada

(Non vos son de Santiago, así que entendede algún pequeno despiste no que diga a continuación). De tando gañar o concurso de Santiago e-Tapas eu tiña idea de que o Acio era un sitio enfocado a racións e tapas boísimas ... Pois hai tapas e racións, pero sobre todo é un restaurante, un restauranzazo.

O meu primeiro contacto co Acio foi memorable: tratábase dunha merluza de con puré de patacas pilpil ou algo así e salsa de grelos. En algún lado lin,  dun francés que dicía que había que valor un restaurante pola calidade do seu puré de pataca: un plato sinxelo permite ver de maneira máis obvia os defectos do cociñeiro. Iago Castrillón pasaría a proba do puré de pataca: boísimo (especialmente porque non se lle notaban o leite ou a manteiga: teño que admitir que a min gostame o puré de pataca que sepa a pataca e non a lacteos).

E vaiseme poñer celosa aquel lomo de merluza: enorme. Enorme polo grande que era (hai algunha xente que segue a pensar que a cociña moderna vai de racións raquíticas en pratos grandes: non tal, vai de producto perfecto, e racións axeitadas e preparadas no seu punto), e enorme polo punto fantástico da cocción, e enorme pola calidade do peixe en sí, fresquísimo e cun saborazo.

(De todo o plato, a salsa de grelos sí que quedaba un pouco insípida, pero: non importa nada. Un platazo lexendario)

A destacar:
  • a sala moi acolledora, pequena, e o boísimo trato do servicio
  • o pan (semella que o fan eles mesmos): bestial
  • calidade de peixe e punto de cocción
Pois un plato de peixe, máis pan, máis auga, máis un café e un Vermut Melquíades.... por menos de 25€. (A algún pareceralle se cadra caro, pero xa digo, peixe desta calidade e feito con este xeito paga máis cunha parrillada de marisco dese conxelado ou un arroz con bogavante trapalleiro que moita xente pagaría máis. Bah, paso de xustificar que a bóa comida non é cara, mentras que a mala sempre é cara)


Restaurante Acio Comedor
Comedor do Resturante Acio, por Naddock

Restaurante Acio (http://www.acio.es/)
calle Galeras, 28
Santiago de Compostela
telefono: +34 981 57 70 03

No hay comentarios: