O outro día coñecín Comovino, que está no centro de Santiago (na rúa do Vilar) e gustoume moito. O centro de Santiago tenme moi desencantado porque cada vez está máis turístico, pero Comovino non vai nese estilo se non que funciona máis para clientela picheleira. Só por iso, merece a pena.
E principalmente un lugar de viños, e en canto a viños ten moito e moi variado. Ten os clásicos galegos albariños, ribeiros, godellos e mencías ... pero non os típicos ou tópicos, se non de adegas e etiquetas máis orixinais e inusuais. E se tedes amigos de riverita/riojita, tamén podedes levalos, porque tamén teñen viños para eles.
Para os que teñades curiosidade polo viño francés, é un lugar a visitar: teñen moito viño francés, e cada semana teñen un viño francés diferente a copas.
Pero non só é un lugar para tomar viños, teñen cociña e moi bóa cociña. Todo é dispoñible a racións así que podedes ir e compartir cos outros comensais. Tamén é moi bóa opción para cear.
Por exemplo estes son unhas ameixas de carril con salsa de tendóns (mar e monte) cun chisquiño de chipotle. Estaban macanudas e a salsa estaba de mollar:
Tamén lles probamos unhas tostas de queixo (o Galesano) con trufa blanca:
Continuando co choio maritimo, pois un clásico: chipirón á plancha. Isto gusta sempre.
E para rematar outra pequena xoia que merece a pena ir a probar. Isto é costela de vaca premium, afinada 60 días. Prepararona a baixa temperatura durante moitas horas e logo deronlle un toque de brasa antes de servir. Unha chulada.
(De feito, que teñan Vaca Premium no menú coma ración xa é xustificación para ir, porque non hai tantos restaurantes que a ofrezan, e esta moi ben a opción de probala coma ración).
Viñoteca ComoVino https://www.facebook.com/comovinosantiago/
Rúa do Vilar 47
Santiago de Compostela
E coma non nos ha gustar a cociña de Comovino que ten unha ración de panceta...
¡¡Viva a panceta!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario