A Taberna de Lino está en Moaña, pero moi cómoda para ir dende Vigo ou Pontevedra. Esta no alto de A Fraga.
O sitio está especializado en carne. O máis interesante é que teñen carne de Vaca Premium do matadoiro de Bandeira, e tamén teñen cortes selectos de outras orixes. É interesante porque ademáis dos clásicos cortes europeos, tamén tes a posibilidade de cortes americanos coma o tomahawk, o rack... (non saen na súa páxina web, pero cando estades alí xa vos presentan un listado con fotos de todos os cortes).
Nos fomos a probar a fragantina (que é un corte semellante á famosa fiorentina italiana) e un rack. Primeiro traennos os cortes par que os vexamos antes de cociñar:
Iste é o rack:
E iste é a fragantina:
E rillamos nel cousa mala, de feito non quedou nada:
Para acompañalo tomamos un mencia da zona de Monterrei, moi xeitoso: Pájaro Loco.
En resumo:
- Carne moi bóa. Cortes moi variados, e toda a carne de primeira. Podes escoller en case todos os casos a afinación.
- Cociñada ó seu punto, sen que lle metan eles o sal (ainda que se eres de querer pasala de máis logo, tamén tes a opción que che traian unha plancha)
- Trato moi acolledor e lugar moi bonito.
- Os viños non teñen precios excesivos.
- O sitio que teñen é moi acolledor. En verán teñen terraza (cuberta) e en inverno podes comer dentro dunha casa de pedra con chimenea.
Os peros:
- Non ten moi bó sitio para aparcar (teste que buscar a vida)
- A carne bóa é cara (de todas formas a Taberna de Lino tamén ofrece na carta outros platos de carne a prezos moi axustados: pero eu creo que merece a pena ir a probar os cortes máis selectos. Ahí xa decidides vós).
Moi recomendable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario