Se ben o tema dos furanchos parece que vai a toda máquina por todos lados o certo é que na parroquia de Hío a cousa vai un chisco diferte porque estan pechando furanchos. E bueno, para que quede un pouco de referencia en Internet de alguns dos que xa non existen. Porque, se ben hai unhas cantas guías de furanchos (Guia Furanchín) , non vin moita información destes furanchos.
Unha cousa, non vou poder dar todos os detalles posibles sobre estes furanchos
porque eu non puden ir moitos anos a eles. De feito podo darme por afortunado
de ter conseguido coñecelos no 2023. Ainda así, e non sendo eu experto neles,
coido que é importante relatalo porque estes 3 furanchos tiñan o seu aquel
especial. (E todos os outros furanchos, cada furancho é especial e sempre é
unha pena que desaparezcan).
O furancho de Manolo en Viñó (Xaneiro 2023)
Pois unha vez que pechou o furancho, xa se perdeu en parte a
posibilidade de probar ese viño de area... Ainda que contan que as viñas de
Manolo (xunto con outra uva da zona) esta agora sendo usada
para elaborar o María Soliña
de
EntreVideiras. Viño que non probei así que non vos podo comentar moito, pero algún día
caerá.
O furancho A De Susa en Pinténs (Abril 2023)
Outra gran perda para o mundo furancheiro do Morrazo. Aqui podo contar que pasou porque falei co señor encargado. Xa se sentiu maior e non quixo seguir coidando das vides. E non habendo vides, tampouco continúa o furancho. Unha pena porque tiñan un viño xeitoso. Ogallá alguén se lle ofrecese a coidar das viñas e ainda que non haxa furancho, que siga acabando en viño.
Pois coma xa estaba decidido que este furancho non continuaba, pois esta derradeira vez foi toda unha homenaxe e un evento, no que viu de visita moita xente.
E nós na familia pois sempre lembraremos o Furancho da Susa porque levamos a meu sobriño Lucas a comer e o campeón rillou unha ración de callos enteira, un cuarto de tortilla e logo rematou cunha ración de raxo. E apenas tiña 8 anos! Que ben o pasou.
Que claro, o cativo non lle demos viño, pero trouxeramos unha botella de zume de mazá, e os do furancho axudaron para facer a broma de deixarnos unha cunca así que os 3 bebemos pola cunca. E non sei se alarmamos a algún dos furancheiros pensando que estabamos a dar viño ó cativo. 😁Furancho Norte de Donón (Marzo 2023)
Eu supoño que para os amantes do furancho enxebre, pois iste furancho non lles
vale, porque tiña lugar nunha casa que antigamente debeu ser algún tipo de
restaurante. Así que a cousa era moi profesional, con barra, mesas e tal. Pero
... iso xa non traballaba coma bar, se non que agora funcionaba como furancho.
Unha das cousas chamativas e especiais de este furancho era que tiñan moito moitos pratos de peixe. Nos pillamos unha panchada de raia frita, luras e tamén puntas de bacallao. Todo moi no punto e fabuloso. En canto ós viños pois preferimos o tinto.
Pois non sei moi ben que pasou pero no 2024, cando preguntei cando voltaba a
abrir este furancho dixeronme que nada de nada, que non ía abrir. Non sei se
será definitivo ... pero ... neste memsmo 2024 paseando por Donón observei que
unha viña gordísima que había de sempre, estaba arrincada e a parra xa
desfeita. Non sei se sería a viña desde furancho, pero tampouco vaiades pensar
que hai tantas parras xa en Donón.
Pois mira, para os que tedes ganas de tomar viños de Donón, tedes a sorte que queda un rapaz que sigue traballando nas vides e sigue vendendo o viño. É o rapaz que traballa na Casa das Pedras, que é un pequena taberna que está por onde se sube cara o Facho, alí en Donón mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario