Pois este outro ano voltamos a repetir meu pai e eu o Camiño de Santiago. Nesta ocasión comezamos en A Fonsagrada (Camiño Primitivo) pero logo desviamos por Friol ata chegar a Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte).
Nos sómos tamén ó fin é o cabo uns peregrinos un pouco diferentes, somos de pasar polas aldeas, falar cos veciños, mirar un pouco coma van as colleitas (sempre peregrinamos en outono), parar a xantar menús do día e tomar viños.
E bueno dúas cousas:
A variante Lugo-Friol-Sobrado dos Monxes
Pois este ano tomamos o pequeno risco de tomar unha variante dos camiños "non oficial". Meu pai conseguiu información sobre ela online, e a verdade dende o comezo tivemos un pouco medo de perdernos ou que non estivera axeitada. Ademáis a información Turistica de Lugo e os dos Albergues en Lugo recomendaranvos non facela.
Pois bueno, nos ímos dicir que estivo moito máis facil do que parecía. Esta sinalizada por unhas frechas brancas e verdes, e dende que saes de Lugo pois é bastante sinxela de seguir. A primeira parte vai por un sendeiro polo Rego de Mera (que é bastante grande para ser un Rego). E logo xa é so seguir as frechas. É un dos sendeiros máis xeitoso que teñamos feito nos caminos ... pero cando o fixemos nos houbera choivas fortes e estaba bastante enlamado. En verán debe estar moitísimo máis sinxelo, e en inverno, pois por contra vai estar fastidiado (hai a posibilidade de esquivar a lama tomando por estradas locais, non asustedes de todas formas).
Pois bueno, nos ímos dicir que estivo moito máis facil do que parecía. Esta sinalizada por unhas frechas brancas e verdes, e dende que saes de Lugo pois é bastante sinxela de seguir. A primeira parte vai por un sendeiro polo Rego de Mera (que é bastante grande para ser un Rego). E logo xa é so seguir as frechas. É un dos sendeiros máis xeitoso que teñamos feito nos caminos ... pero cando o fixemos nos houbera choivas fortes e estaba bastante enlamado. En verán debe estar moitísimo máis sinxelo, e en inverno, pois por contra vai estar fastidiado (hai a posibilidade de esquivar a lama tomando por estradas locais, non asustedes de todas formas).
Sitiños nos que poidemos comer ben!
O Pan de Iria en A Fonsagrada
En A Fonsagrada ten unha chea de lugares onde comer e bares: o Cantábrico, o De Luis, o Figueiro ou o Caldeira. Pero ahí estivemos antes de comezar o camiño, porque o noso camiño comezou de mañanciña (antes de que amanecese).E xa estaba aberto o Pan de Iria. E sentounos tremendo ese almorzo. E ese croissant que fan ... unha maravilla, crocante e aireado. Excelente pastelería e excelente servizo.
O Pan de Iria en A Fonsagrada.
Coma en toda Fonsagrada, cas bebidas poñenche pincho do bo. E Balbina ó mediodía prepara tamén comidas (prato único), que din todos os viciños que son de primeira.
No noso caso, íamos un pouco apurados porque queríamos acabar a etapa en Castroverde así que lle pedimos se nos preparaba algo para comer, e nos fixo unhas racións de chourizo da casa, salchichón e queixo do país. E poidemos probarlles o viño novo do año (en botella de agua mineral!).
Bar O Xestoso en A Lastra (Baleira)
Entre A Fonsagrada e O Cadavo o camiño (e a estrada) pasa por A Lastra, e alí nunha curviña está un bar-tenda-taberna chamada O Xestoso. Unha parada inevitable.Coma en toda Fonsagrada, cas bebidas poñenche pincho do bo. E Balbina ó mediodía prepara tamén comidas (prato único), que din todos os viciños que son de primeira.
No noso caso, íamos un pouco apurados porque queríamos acabar a etapa en Castroverde así que lle pedimos se nos preparaba algo para comer, e nos fixo unhas racións de chourizo da casa, salchichón e queixo do país. E poidemos probarlles o viño novo do año (en botella de agua mineral!).
Excelente comida, e excelente trato. Quedamos ca gana de probarlles o arroz, pero xa será para outra. Eu cando pase pola estrada Lugo-A Fonsagrada, propoño pararlles sempre a visitar (e a mercar o mel e outros productos locales que teñen na tenda!).
Bar Xestoso en A Lastra.
Pulpería Romeán en Lugo
Pois aquí nen imos dicir se este sitio está ben ou mal, nen vos imos recomendar. Nós só damos gracias por ter conseguido sitio, porque parece ser que todos os Lucenses teñen decidido reservar nesta pulpería. Nos tentamos dúas veces. O sábado non houbo sitio, e quedamos cas ganas.E coma ademáis de interesante, está pegado á Porta de San Pedro (cando fas o camiño chegas cas pernas cansas e non queres andar percorrendo a cidade) tentamos o luns (chamando para reservar) e conseguimos sitio!
E quedamos moi satisfeitos. Unha "ración de pulpo" e unha de "carne ó caldeiro", e unha botella de mencía da Ribeira Sacra e xa quedamos xantados. Cantidade abundante e bó sabor. Xa sei que todo o mundo morre polo polbo, pero destacamos a carne ó caldeiro, moi tenriña e ben sabrosa.
Taberna do Arcadio por A Retorta (Friol)
Merecevos ben a pena parar (se ides en coche cara Friol), xa só para coñecer a Arcadio é a súa muller, tomarlles un café ou unha cervexa. Non é un sitio para peregrinos (non teñen nen selo), pero sirven comidas para os que traballan na veciñanza e viaxeiros que pasan pola estrada.
Ofrecen tres primeiros pratos (nos tomamos caldo de repolo e fabada) e máis e tres segundos (nos tomamos a carne guisada e as troitas). E postre, e café.
¡¡Mil gracias!!
Bar Cepo en Mesón (Sobrado)
Antes de chegar a Sobrado vindo polo camiño pasas por Mesón, e no lugar do Cepo hai esta casa de comidas.Nós safamos porque xusto chegamos un pouco despois de que comeran os obreros e antes de que chegaran os outros peregrinos (porque non pensáramos que había que reservar, pero sí ten moita demanda).
Non sei se ofreen un menú máis amplio pero a nos nos trouxeron unhas lentellas (a fartar, deixaron a perola) e logo unhas costelas de porco quisada (riquísimas) con patacas.
Bar Cepo en Mesón.
E realmente é estanco, bar e tamén tenda de ultramarinos. É un pouco de todo.
O Café en Boimorto.
É "O Café" ainda que na porta pon Cafe Bar Luis, agora xa cambiou de nome ainda que non de cartel.
En Boimorto hai un restaurante (e moi recomendable), pegado á Casa do Concello, pero nos seguiramos andando e cando nos dixeran que tiñamos que desandar, pois non quixemos perder tanto tempo (andando un par de kilómetros ida e volta acaba levandoche moito tempo).
Pero tivemos sorte porque en O Café, fan uns bocadillos, e vaia bocadillos. Enormes e ben sabrosos. Levo tempo sen tomar un bocadillo tan bó (e o pan é xeitosísimo).
Estanco Suarez en O Pino.
Iste estanco tiñao medio fichado porque eu no coche teño feito unhas cantas veces a viaxe Santiago-Curtis no coche e vira que neste estanco había xente fora tomando un café, así que supuxen que tamén era bar.E realmente é estanco, bar e tamén tenda de ultramarinos. É un pouco de todo.
E para a nosa sorpresa (e beneficio) fan bocadillos. Pero ¡¡que bocadillos!! Sorprendeunos que para os bocadillos usan pan de bola e son enormes. Foinos de moito beneficio para descansar un rato da choiva (ese día tivemos moita choiva e frío) e recuperar forzas de cara a Labacolla.
O Tangueiro en San Lázaro (¿ou San Marcos?)
Pois mira, non estabamos moi seguros que tal ía funcionar o Tangueiro. Pero estabamos durmindo en O Monte do Gozo e case todos os sitios de San Marcos pechaban pola noite, así que era o que quedaba máis perto e que abría.E mira, non saiu mal. Fomos directo a por polbo cocido e carne (croca). Cunha ración de cada cousa e unha palomita de viño branco pois xa tivemos para cear. Non nos pareceu caro, e a comida estaba bóa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario