sábado, 16 de febrero de 2013

Francesinhas en Porto: LadoB

De cando en cando teño que visitar Porto, e coma sempre que vou, teño a obligación de, canda menos unha vez tomar unha francesinha, e a ser posible nun sitio novo. Na rúa Pasos Manuel, non moi lonxe do clásico Santiago, hai un snack bar que xa tiña visto de outras veces, pero coido que se remozou e rediseñou neste momento. Agora está decorado con carteis relativos á música e teñen fondo musical. Un lugar perfecto para comezar a noite de festa en Porto.

En canto a tomar francesinhas, están bastante ok de sabor, pero teñen un problema estético importante.  Coma podedes comprobar nas outras fotos que estivemos poñendo co paso dos anos, unha das cousas que máis sorprenden é o milimétrico e perfecto que está o queixo fundido. Sempre se preocupan de que pareza o envoltorio dunha caixa. Neste caso isto é o que hai:


Coma podedes ver, non se esforzaron moito ó gratinar a francesinha así que quedou.

O interesante de esta francesinha é que en vez de ter bife, era de carne asada ( unha rondela de terneira asada ou algo así). A carne e as salchichas estaban ben.

Xa para rematar, o molho? Está ok. Pouco picante, para o que tedes medo da comida picante.


Recomendación:

  • Bo ambiente, bó horario (nunha cidade no que moitos snack bars pechan cedo, este esta aberto ata a medianoite, ou máis tarde)
  • Ben de cervexas e moitas opcións de xantar 
  • Francesina OK, pero só OK. Pero principalmente porque non é moi estética. (xente que necesite tomar una Francesinha espectacular ten nas cercanías outros sitios ben interesantes)

Para rematar o post ilustramos cunha das estampas típicas de Porto: Francesinha, Batatas fritas, e Super Bock.


Rua Passos Manuel, 192, 
Porto.
Lunes - Xoves9:00 am - 11:30 pm
Venres - Sábado9:00 am - 2:00 am

No hay comentarios: