Este Nadal tivemos un pequeno toque Francés na casa, porque nos trouxeran unhas latas de Confit de Canard. Bueno, non é nada especial, é unha maneira típica de preparar e conservar o pato no sur de Francia. E vendese en lata. Haina de varias calidades e tal. Velaquí a lata que tomamos este Nadal:
O nome non lles resulta familiar?
La compañía francesa Spanghero compró 42 toneladas de carne de caballo, según la prensa
Pois sí, vaia casualidade, resulta que esta empresa Francesa estaba metida no segunda fase do escándalo da carne de cabalo, o das Lasañas de Findus. (Digo segunda fase, porque conforme van pasando os días, vai aparecendo un novo producto que leva tamén carne de cabalo).
Non quero dicir con esto que o pato que tomamos non fora pato. (Sería oca?) En teoría debería selo porque coma se ve nunha etiqueta dun lado tratase dun producto de Denominación de Orixe Protexida. (O cal non ten porque dar seguridade de moito). Saber sabía a pato, e tiña osos de pato. (Niso é algo bó as pezas de carne que teñen forma do animal, de enganar teñen que buscar un bicho parecido).
Vos diredes o que parece. Estaba rica, eso sí.
Non teño moito máis que dicir sobre o tema. Personalmente, levo moitos anos desconfiando dos productos cárnicos preparados. A carne picada e xa cociñada non hai quen a identifique. Sempre sospeitei que podía levar o peor posible. E non me refiro á carne de cabalo, se non a carne de bovino de peor calidade posible.
Do pouco positivo do caso é que coma a carne de cabalo podese identificar facilmente por xenética, saiu á luz os extraños chanchullos e orixes extrañas da carne que se consume en Europa. Esperemos que esto sirva para activar a trazabilidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario