domingo, 24 de mayo de 2020

Biryani de polo estilo Hyderabad.



Outra vez máis unha combinación dos ingredientes que había en casa: arroz basmati e polo. Inicialmente ía facer un curry, pero logo pensei que era unha perda usar o basmati só para o curry e fixen o biryani.
Pois sí, porque o Biryani é algo un tanto diferente a arroz con polo. E un plato de arroz feito no forno (na versión máis ortodoxa) ou cociñado a lume lento nunha ola axeitada (na versión máis cómoda). Cando estiven en Pakistan tiven ocasión de probar varios biryani moi interesantes, e en parte quería tentar reproducir aquela lembranza. ¿E que tal quedou? Pois ... non quedei entusiasmado ó 100%. A carne quedou demasiado feita, e o arroz unha parte moi feita e outra si ben no punto. Ainda que lembro que unha parte do arroz debe quedar moi feito e outro no punto (suponse que a gracia do plato é que hai arroz en 3 estados de cocción o mesmo tempo, e que o comes mezclando capas). O máis interesante foi que o sabor e aroma quedou coma lembraba. O cal se me fixo un tanto sorprendente, porque a cantidade de especias (e limón e cilantro) que se mezclan neste plato é tal, que non se sabe que pode sair.


 Receita que mirei:

No hay comentarios: