viernes, 16 de octubre de 2020

O drama de mercar chiles en México

 Cousas que só pasan cando vives en México: Ir ó mercado a por chiles. O verduleiro apaña unha manchea. Ti con cara aterrorizada dis... "solo quiero un cuarto de quilo". E el mirache con cara de "vaia mixiricas". (Porque un mexicano levaría medio quilo ou máis)


Nota aclaratoria:
- medio kilo de chiles é moito
- un cuarto de quilo de chiles é moito 
En realidade o que podo necesitar son 3 ou catro. Pero coma non podo pedir 100 gramos ou 50 gramos, pois acabo levando de máis. 😅

Por iso normalmente o que fago é cando merco tomates (os verdes) ou jitomates (os vermellos) ... digolle ó señor do mercado "me pone un par de chiles para la salsa?" (así teño chiles gratis polo prezo dos tomates). Pero o señor mírame con cara de ¿solo 2?


Ai, que complicado é ir mercar chiles e non quedar de mixiricas. 😅

No hay comentarios: