Nas miñas visitas a París sempre me piden que vaiamos a un restaurante a tomar sushi. París está cheo de "restaurantes que ofrecen sushi", pero non hai tantos que ofrezan sushi de calidade xaponesa. Vale, hai coma 10 ou 12, pero teñen a característica que estan un pouco espallados pola cidade (se ben hai unha certa concentración na zona de Opera / Chatelet). Bueno, pois o tema é que hai que ir a tiro fixo.
Veña, logo da introducción:
- Planexamos ir a un restaurante de Sushi en Saint Germain.
- Chamamos para reservar pero ninguén collía o teléfono, pero sonaba.
- Ante a dúbida de que poidese estar aberto e non funcionase a reservas achegamonosnos.
- Chegamos e está non só pechado, se non en obras.
- Facía frío, tiñamos fame, así que buscamos o restuarante máis cercano que había que fose xaponés (e que non fose de ramen, porque a meu sobriño non lle gusta o ramen)
- Chegamos a:
En stricto senso, tampouco acertamos, porque non é un restaurante de sushi, é un restaurante xaponés, pero de cociña á plancha. Pero tiña un platiño de sushi, así que quedamos a investigar.
O restaurante Azabu fai cociña de tradición xaponesa, pero con algúns toques franceses, sen tampouco forzar moito o tema da fusión. E case todos os platos están feitos á plancha, así que non é un restaurante de calqueira tipo de plato, se non que ten un enfoque determinado. Claramente non é un restaurante de sushi, tampouco é un de estes restaurantes parisinos cun cociñeiro xaponés que fai fusión ou cociña francesa. Tenta ser moi xaponés, e ó mesmo tempo tampouco o é.
O que sí que é xaponés é o servicio e os cociñeiros: en este sentido senteste coma se estiveses en Tokyo. O cal é un pequeno problema porque algunhas camareiras falan medio mal o francés (non probei co inglés) así que hai moitos "lost in translation", pero son pacientes e ó final consegues organizarte. (Hai moita xente que rosma moito online dos problemas de comunicación no restaurante, pero hai que tomarse estas cousas con mellor humor).
Nos pasámolo ben. Non foi o que queríamos (íamos só polo sushi), pero a comida está boa. O prezo, como digo é caro. Coma xa dixen, o trato foi moi amable, e todos os problemas de comunicación fixeron que botasemos unhas risas, tanto nos coma eles (e en todo momento tiveron paciencia de esperar a que nos entendesemos). E o feito que ó final non fose un restaurante de sushi serviunos para probar outro tipo de comida xaponesa, que non estivo mal. (Pero o meu sobriño prefiere sushi para a proxima)
Aquí van unhas fotos, para que vexades un pouco que é o que fan no sitio.
Isto era figado (non sei de que, porque coma dixen á camareira non se lle entendía demasiado ben)
Isto si que sei o que era, era un chawanmushi, que é unha cousa que a moita xente dalle grima porque é entre sopa e unhas natillas, pero a min gustame moito polo sabor e porque non é solido, nen líquido, nen plato, nen sopa. E un pouco de todo.
Isto era o máis parecido que tiñamos a un sushi: é arroz de sushi con peixe cru, ovas e raiz de loto: Chirashizushi
E coma plato principal, pois un atún feito á plancha, arroz, sopa misho, pepinos encurtidos ...
A, e postre... isto é un biscoito de te macha ... e a verdade é que lles queda perfecto. De todos os doces de te macha que teña probado este vai ser o meu favorito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario