Este pasado mes de Marzo tivo lugar unha Xantanza ( a número XVII ) moi especial. A tradición é que hai unha xantanza por tempada (4 ó ano): inverno, primaveira, verán e outono. E nesta ocasión adiantamos a xantanza de primaveira a febreiro (sí, esto é un post con varias semanas de retraso)
A razón do adianto é que o blogastrónomo coruñés Manoel Foucellas marcha a Santiago. Non a Santiago de Compostela, a Santiago de Chile:
A todo isto retraseime tanto en contar o de esta xantanza que actualmente Foucellas está xa en Santiago de Chile, coma podedes seguir no seu twitter:
El plato del vecino. El mío es una albacora a base de calamar, ají y papas. lockerz.com/s/194903692
— Manoel Foucellas (@manoelfoucellas) March 23, 2012
Coma despedida decidimos facer un tributo á lexendaria capacidade de papar do señor Foucellas (18 pratos e repetiu a fabada e o arroz con leite!) e á cociña tradicional galega (que é o que máis lle ha costar disfrutar en Chile) e escollemos o famoso Restaurante Ateneo en Piñor.
Xa ven sendo o terceiro artigo que lle adicamos ó Ateneo en Laconada. Vai parecer que temos especial interés en promocionar o sitio. Non fai falla que lle fagamos nengunha promoción. Ateneo sirve 100 servicios ó mediodía e outros tantos pola noite todos os días da semana (excepto os martes, que pechan por descanso). Non necesita nengunha axuda nen promoción. Neste caso é a inversa: sodes vos os que estades perdendo por non ter parado nunca no Ateneo.Para que despois non digades que os Blogosgastrónomos somos sofisticados o menú foi algo moi habitual:
- Entrantes: Empanada
- Cocido Galego a fartar
- Postres típicos de entroido: filloas, orellas e rosquillas (que non son típicas de Entroido, pero son especialidade da cociñeira, Erundina)
Empanada de Zorza |
E notase: a empanada de Erundina (tomamos esta de zorza, e tamén fixonos para levar unha de bacallau e outra máis de zorza) ven sendo unha das mellores empadas que teña tomado en anos. Ten esta arte especial de facer o pan crustillante, pero sen ser graso. E os recheos: viciosísimo. Mirade que de carne levan.
Hai que parar no Ateneo a probar a empanada: digo.
Cocido ca súa cacheira, o seu lacón, grelos, chourizos (normal e de cebola), e con garbanzo (que parece que xa está definitivamente asentado coma opción preferida do cocido) |
Filloas con crema, Orellas, Rosquillas |
A comida tamén serveu para a reivindicación do viño tinto galego. Que sí, que hai (cada vez máis) tintos galegos (e cada vez mellores).
VX Cuvee Caco segundo a opinión dun aficionado en Chicago
"Coto de Gomariz had some interesting whites, though all of us felt that the best red of the evening was the VX Cuvee Caco, a blended red of Sousón, Caiño, and Mencía, with flavors of cherry, violet, soft tannins, and good acidity. Overall, it was a well-balanced wine that reminded my of some of my Portugese favorites."Tarabelo - Bodegas Eladio
"En boca muestra una estructura media con notas frutales. Astringencia punzante."
Tintos de Ribeiro: Tarabelo & VX Cuvee Caco |
De feito ó rematar de comer sacamos un radiocasé e estivemos animando con música os cafés e os chupitos. ENTROIDOOOOO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario