Chama a atención dúas cousas:
- Son moi amarelas: é obvio que levan moito ovo, ovo da casa, de ahí a súa cor. Isto debe ser unha tendencia moi en moda, porque este mes de marzo tomei filloas en distintos sitios (2 de eles restaurantes) e todas tiñanche unha cor ben viva. Para o postre, eu coido que lle presta moi ben que teñan tanto ovo.
- Teñen buratos case coma se foran de encaixe. En canto a isto, as irmás da miña madriña coidaban que era cousa de ter tanto ovo. Eu estiven facendo experimentos con esto de facer as filloas e se ben pode que teñan parte de razón no tema dos ovos, o que eu vin é que se fas as filloas a lume moi forte e moita grasa na tixola aparecen moitísimos buratos, coma estas.
- ¿Estades a favor da filloa con moito ovo?
- ¿ Dadesme a razón de que o segredo de tanto burato é facelas a lume moi forte?
No hay comentarios:
Publicar un comentario