jueves, 22 de enero de 2026

Risotto ai finocchi (con fiuncho bravo)


Pois ista receita está un pouco relacionada ca pasta con peixe e fiuncho que fixen o outro día.  De feito o fiuncho é o meso. As ramas foron para o outro plato, e para este quedei cas raices. 

Neste caso as raices de fiuncho sí é algo que teño visto en algun supermercado e froitería aquí por Galicia. Non é moi popular (canda menos non é tan popular coma en Italia), pero si se podería dar mercado. (Unha das cousas para que se consume moito en italia é en ensalada: ensalada de hinojo y naranja)



Vale, que eu non tiña estes fiunchos gordos, os meus eran pequenos, pero ó final, canos de fiuncho seguían sendo:

En canto á receita do risotto, pois baseime en esta:

Que polo visto é veneciana (e fan de maneira un pouco diferente ós risottos lombardos). Eu seguín as súas instruccións o mellor posible. En canto ó caldo vexetal, eu seguín a tradición italiana de facer un caldo con apio, zenoura e cebola. 


Coma vedes a miña versión non é tan purista, porque eles estan usando a parte branca do fondo do fiuncho, pero estes fiunchos bravos non blanquearan casa neada por abaixo. Outra cousa que na súa receita non sae, pero que eu si que quixen (de outras veces que teño feito risottos, faiseme que lle da un toque moi xeitoso, eu puxen un vasiño de viño - neste caso un albariño). 


Por certo se vedes nos ingredientes, se non fose polo queixo e a manteiga que leva, o prato case podería ser vegano. Non sei ben coma quedaría sen o queixo, nen que pode sustituir á manteiga. Pero se alguén ten curiosidade pe probar xa sabe. 

Esta combinación gustoume moito. O fiuncho queda ainda crocante. Contrariamente ás ramas, que si saben moi moi anisadas, o cano só ten un lixeiro sabor a fiuncho así que non teñades tanto medo. Quedo pendente de mercar un día a raiz esa que venden no super e repetir, pero esta receita gardo para facer máis veces. 

No hay comentarios: