E fun dar ó Quartiere Avvocata, e mirando a ver onde se podía comer, pois non daba decidido ben (porque tampouco había sitios así de comida para levar que tiveran bóa pinta). E mirei no móvil e saiume coma moi ben recomendado un sitio que tiña un nome máis longo ca nada no mundo. E entre que tiña bóas valoracións e que tiña ese nome tan raro pois cara ahí fun (quedabame perto e non quería desandar todo o camiño).
Pinta de tenda si que tiña (ahí tedes uns tomates e uns grelos na porta) pero... non tiña eu moi claro que ahí deran de comer.
Entrei e fun mirando e descubrín que cara o fondo (moi ó fondo) e hai uns mostradores con salumi e queixos e comidas xa preparadas. E todo unha pintaza.
Ademáis para que eu comenzara a sospeitar que aquel sitio era moito máis do que aparentaba, pois apareceron uns señores napolitanos (que se notaba que non vivían ó lado e que viñeran exprofeso a mercar aquí) e comenzaron a mercar queixo e embutidos e a falar de comida e tal.
Teñen para comprar e levar, pero tamén gostan moito de ofrecer panini e que a xente quede a comer alí (a min non me coincidiu, pero é un lugar de reunion da xente de Nápoles para comer alí dentro da tenda).
Por certo que son extremadamente amables e moi pacientes cos que non falamos italiano.
Explicaronme as diferentes opcións de panino e cada unha das cousas que tiñan para vender.
Eran tan enrollados que me deixaron unha mesa que tiñan para levar a contabilidade para que eu poidera comer o meu panino de polpette con friarielli e queixo provola afumado.
E tamén lles levei un Casatiello que é un pastel salgado que leva chicharrons e un ovo cocido enteiro.
E ademáis de outras cousas, enfrende da pasticceria hai unhas vistas preciosas de Nápoles. ¿Ou non? (Bueno, esta esa torre alta que fastida un pouco a visión, pero polo resto está ben).
Con posterioridade de ter comido alí cando fun mirar algo sobre o negocio descubrín que é un sitio moi famoso (a onde eu fun dar de casualidade).
No hay comentarios:
Publicar un comentario