viernes, 3 de mayo de 2019

Culuca: un pouco de todo

Relacionado cun post anterior, e tamén en A Coruña outro lugar que funciona con varios enfoques. De feito eles mesmos autodefinense coma "cociña-bar". Que en resumen quere dicir que podes, ir a tomar unhas cervexas ou uns viños, e que tamén podes ir a comer ou cear. Por ter, ata ofrecen coctelería. Vamos, que teñen de todo.

E é un lugar recomendable, tanto para pedir platos a compartir coma para que cada un escolla o seu prato. Da parte de beber coido que tamén, pero ahí xa non experimentei tanto.

Aquí van uns exemplos:



Ameixas ó "fino" (ó viño de Xerez). Unha variación das tipicas ameixas á mariñeira, só que en lugar dun viño branco calqueira, fixose con xerez. As ameixas eran bóas, estaba cociñadas ó punto (non pasadas coma fan en moitos sitios).


Tomates confitados con espuma de queso San Simon. Iste é un clasico do local. Os tomates teñen un sabor fantástico, ainda que non estivesemos en tempada.

E fomos directo ós postres:



Coco-Pasión: pois eso, fruta da pasión (maracuyá) e tamén crema de coco. Moi tropical.

Outro clásico da casa: a tarta (que en realidade é unha crema) de queixo con lima (a base de galleta vai espolvoreada por riba).

En xeral a todos gustounos moito a comida. Recomendaría que chamasedes para reservar, porque o lugar enche rápido. Vese que ten horario bastante amplio, o que o fai moi conveniente.

Culuca Cociña-Bar http://culuca.com/
Avenida Arteixo 10 Bajo
15004 A Coruña
Teléfono: 981 97 88 98

No hay comentarios: