domingo, 16 de febrero de 2020

Cousas de Cuba: Pan con Lechón




Unha das cousas máis interesantes que comín en Cuba foi neste posto da rúa, onde vendían Pan con Lechón.  Que era basicamente un leitón asado ó forno, do que iban cortando cachiños (carne e sobre todo pelexo crocante) e facían uns bocadillos.

 ¿Coñecedes o Sande de Leitao portugués? (Pois se non o coñecedes, xa tedes tarefa para a vosa próxima visita a Portugal ... é un dos mellores bocadillos do mundo, tedes que probalo).
Pois este pan con lechón ven sendo a mesma idea. E neste caso esta baratísimo: 5 pesos, que ven sendo coma 20 centimos de Euro.

Interesante bocadillo, con bóa carne (non moi abundante), pero o pan era (coma resultou ser todo o pan en La Habana) bastante malo. Coma xa dixen antes, todo o pan era coma pan de hamburguesa.


No hay comentarios: