Bueno, Cuba esta funcionando agora mesmo con 2 monedas diferentes (isto quere dicir 2 tipos de billetes e moedas diferentes). Ambas monedas levan escrito "pesos" (para facelo máis complicada). Pero son diferente moeda e teñen diferente valor.
Por un lado están a "Moneda Nacional" (ou CUP). E por outro lado están o que chaman "divisa" ou CUC. Aparentemente os CUC son para os turistas, namentras que os CUC son para os locales. Por exemplo, nun caixeiro dun banco, un cubano vai e saca Pesos Cubanos. Eu vou detrás del e doulle a sacar e a min saenme CUCs.
Na realidade todo é máis permeable. Nos os turistas podemos pagar con CUCs, pero tamén podemos ir a un sitio como de ahí enriba e mercar algo que ten prezo en CUPs e pagar con CUCs (e voltanche CUPs). O único que sí che piden é que non lles pagues cun billete grande porque eles non terían cambio para tanto (por exemplo un billete de 10 CUCs son 240 CUPs).
Así que se vas mercando cousas pola rúa rematas tendo tanto CUCs coma CUPs, sen problemas.
En realidade o tema do dobre prezo non é tal porque como digo podes mercar tanto en lugares de turistas coma mercar cousas en lugares cubanos. En principio non hai nengún problema legal porque ninguén nos dixo nada.
Onde si que hai diferencia é que hai sitios onde só se pode pagar con CUCs (ou divisas). Nese caso si que é certo que a eses productos non ten acceso un cubano que teña moneda nacional. Pero non hai tal dobre prezo, se non que é un prezo para productos que non se pode pagar na outra moeda. O que si que é certo é que as cousas que só se venden en CUCs son careiras. E os lugares para turistas son máis caros. Ahí si que é certo que hai dous niveis de prezo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario