Moitos dos lugares da rúa que venden pizzas e panes, teñen tamén un termo e unhas cuncas cativas (ainda máis pequenas cas dos cafés sólos en Galicia). Vas, e pagas un peso cubano (coma 5 centimos de Euro), sirvente o café, tómalo dun grolo con elegancia, e a seguir ás túas cousas. É importante dicir que moitas veces o café expreso cubano xa vai azucarado (si, teñen este hábito de poñerlle azucre xa cando o fan).
Coma resumo, sobre a cultura cafetera cubana, quedade cas 3 cousas: termos, taciñas pequenas e café que xa leva azucre. E xente tomando café a calqueira hora do día.
En calqueira caso é importante destacar que os cubanos teñen unha paixón moi grande polo café, ainda que teñan o problema de que o café non é fácil de conseguir en Cuba (ainda que Cuba produce café). A principal diferencia que poderían ter cun italiano ou un portugués e o tema do zucre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario