jueves, 30 de enero de 2020

Cousas de Cuba: territorio libre de Coca-Cola




Por mor do bloqueo económico (xa sei que parecía que con Obama ía rematar, pero hoxendía, con Trump volta a haber bloqueo), as empresas norteamericanas non estan en Cuba. Iso quere dicir que Cuba é un dos poucos lugares do mundo nos que teña estado que non teñen CocaCola (nen tampouco PepsiCola). Unha cousa ben curiosa, porque tedes que admitir que se hai algo que un topa nos paises máis remotos (ainda que non haxa outra cousa) son eses refrescos.


Iso sí, isto non quere dicir que non teñan refrescos. ¡Claro que teñen refresco de cola! So que teñen marcas nacionais (ou importadas), como: TropiCola, tuKola, FiestaCola. Todas elas teñen o seu sabor chusqueiro ... Especialmente tuKola, que sabe coma as gominolas (sí!).

(En calqueira caso non perden nada por non ter Coca Cola)

No hay comentarios: