miércoles, 29 de enero de 2020

Cousas de Cuba: A Pizza Cubana.

A pizza cubana faría rabear a un italiano. Non pretende ser unha pizza de competición, se non que o seu obxetivo é ser algo barato e quentiño. E a verdade é que cumple o obxectivo.

Cando apenas levábamos unhas horas paseando polo Centro de Habana (en Habana Vieja, non hai tal abundancia de pizzerias), xa caemos na conta que era a comida máis popular dos cubanos, e xa nos propuxemos probala. Non houbo que facer nengún esforzo: 2 de cada 3 "cuadras" da cidade teñen un sitio vendendo pizza.

Pides a pizza, escolles os ingredientes (non hai moita variedade, e moitas veces non hai os ingredientes) e esperas un rato. Tes dúas salsas que están normalmente nunha botella de plástico:
  • aliño (creo que a chamaban así) que era algo que parecía vinagre con varias especias e herbas ... e que a verdade non sabías moi ben a que sabía
  • picante (que era parecido ó aliño en aspecto) e que non picaba nada (a pesar do nome)
Interesante o tema das pizzas, hai que probalas. Coma digo non vaiades esperando nada do outro mundo, pero son algo que se toma sen parar na cidade e hai que facer coma eles.


No hay comentarios: