De maneira maioritaria os favoritos a comer na rúa son:
- Pizza. Non pasas 10 minutos sen ver a un cubano comendo unha pizza ou levando unha na man. Andan super apaixoados co tema da pizza. Pizzas cubanas que son moi peculiares: son pequeniñas (individuais), non teñen moitas máis cousas ca queixo e habitualmente doblan pola metade e comenas así. Son probablemente a pizza máis chusqueira que poidades imaxinar, pero son o hit en Cuba.
- Algún tipo de doce ou pastel. Os cubanos gostan moito de doces. É moi habitual velos caminar pola rúa con estas caixas de cartón pequeniñas. Nun principio non sabíamos que era, pero pronto descubrimos que todas as pastelerías (dulcerías) usan a mesma caixa. E os cubanos gostan de mercar un ou dous pasteis e comelos mentres andan (non son para levar a casa, cando levan a casa, collen unha caixa máis grande e máis pasteis).
- Panes. Os bocadillos en Cuba son "pan con algo". "Pan con hamburguesa", "Pan con jamón", "Pan con queso",.... Case todos os bocadillos estes teñen un punto en común: o pan é pan circular e blandiño coma o de hamburguesa. E case todos os bocadillos metense nun grill e dancho aplastadiño.
- Xelados. Outra das pasións dos cubanos son os xelados. Hai case tantas "cremerías" coma outros tipos de negocios. Curiosamente non é moi habitual ver a xente tomando xeados na rúa: os cubanos prefiren tomar o xelado sentados dentro dun local.
Hai outros tantos pratos populares:
- As croquetas. Si!! Os cubanos tamén adoran as croquetas. Hai xente vendendo croquetas e xente papando en elas pola rúa. Tamén fan bocadillos con croquetas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario