Soupera de esta festa e tiña moita curiosidade por coñecela, e aproveitando que ía comer cos meus pais en Cangas, pasei a pasear, pillei a procesión, e tamén os furanchos de mediodía.
Aparte do ambientazo (estaba complicado conseguir sitio nos furanchos) o que me chamou moitísimo a atención é que teñen algunhas cousas ben curiosas no menú dos furanchos coma o bandullo (non é algo tan inusual, pero sí non o teño visto case nunca en hostelería), o pinchovo (ovos fritos con chourizo, segundo me explicaron) e sobre todo as xoubas afumadas.
As xoubas afumadas son xoubiñas salgadas e logo afumadas. E logo servironmas cun toque e tixola, aceite e cebolas. Unha cousa que sabe... moi forte (sabor moi intenso a peixe fermentado) afumado e moi salgado (tira co viño). Hai que querelas eh! Pero logo queda un sabor moi gustoso (repiten a dios, coma pasa sempre cas sardiñas) e xa marcha o salgado e queda o sabor a peixe e fume. Moi ricas. Teño que voltar só por elas.
O bandullo que me deron tamén era moi especial. Non o podo asegurar pero coido que é bandullo de pan millo. Parecer, non parecía de pan de trigo. Era moi marelo e tiña coma miga grauda. Tamén moi ben.
Recomendo moito esta festa de San Martiño. E se tedes ocasión de ir un ano... ides disfrutar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario