lunes, 4 de febrero de 2019

Cociña acolledora do Bar Estrada

Xa vos lin moitas veces, que xa estades canso de tantos lugares modernos, de tantos platos de fusión multicultural, de camareiros tatuados ... Pero da igual, porque o final ides ir igual, así que non insistades tanto. 

Pa quen queira sairse do choio, ainda quedan alguns lugares máis tranquiliños. Cada vez menos e cada vez máis lonxe do centro. O Bar Estrada por exemplo está cerca de Bouzas, pero non ides dar con el (bueno, estan no Google Maps e en outras redes así que sí que ides dar con el). 

O encanto do sitio é que so traballan con producto fresco, e principalmente con peixe fresco. Así que hai que ir a ver o que teñen, ou chamar anticipadamente para saber o que hai:


Coma vedes fanos dun xeito especial, salteados cas cebolas e cortados en rodelas. E tamén levan un tantiño de pemento. Estanvos moi bós. Eu recomendo ir a probarllos.

Outra cousa que teñen que é para ir exprofeso é o budín de mazá. Tratase dun budín feito con pan e leite, que esta suaviño suaviño, e que notaslle o sabor de mazá. E logo tes un carameliño. A min servironmo morno, co que ainda esta máis rico. Un triunfo.

Tamén teñen peixe da ría, e eu adoro poder tomar un simple peixiño fritido. Neste caso tomei un coruxo.


Ou uns riquísimos chinchos en escabeche:




Ou tamén este postre caseiro, que ven sendo un bizcoito borracho con moito coco raiado:






Coma vedes, todo é clásico (pero co seu toque persoal), todo son platos sinxelos, a materia prima é boísima. E todo feito con moito xeito, e teñen todo moi luminoso e acolledor (ainda que pequeno). Así que se un dia queredes volver a tomar comida que xa non é tan fácil de topar na restauración de Vigo, mira aquí tedes un sitio.

(E teñen máis cousas cas que vos comento aquí, se vedes as fotos no Google Maps veredes que tamén teñen marisco: centolas, cigalas, navallas,... Outros peixes. Tamén teñen chinchos e mexilón en escabeche feito por eles.  E eu tamén lles vin preparando perdices de caza e lamprea na época. Así que coma vedes teñen bastante variedade).

Os prezos son acorde ca calidade dos productos. Podedes topar outros sitios máis económicos, pero non será tan bóa coma a comida de aquí.

Veña, xa volo contei. Agora non o poñades de moda e que non se poda entrar nel ...

Bar Estrada


No hay comentarios: