miércoles, 23 de enero de 2019

Vinoteca Época: sabores peruanos en Vigo

Xa sei que hai "ceviches" en case todos os restaurantes de España (polo menos así era no 2018, cuando se puso de moda facer algún tipo de variación do ceviche na cocina española), pero eu tiña antoxo dun ceviche peruano clásico. Co seu peixe branco (corvina), súa cebola vermella, seu "limón" (nos diríamos que é lima, pero alá chámase limón), os seus "choclos" (graus de millo cocido), as súas "canchas" (millo frito), o seu "camote" (boniato cocido), e o seu cilantro. Pois temos a sorte que en Vigo temos (canda menos) 2 restaurantes de cociña peruana.

Así que eu fun tomar ceviche da foto en Vinoteca Época (en Vigo). E gustoume moito. Sen ter estado eu en Perú (ainda), pareceume estar a nivel dos mellores que teña tomado. Recomendoo ben.


Ademáis a "cebolla roja", "camote", "canchas", "choclos" e "cilantro" ... o ceviche debe ter o seu toque picante. En Época fan o ceviche sin "ají" (pimento picante) porque xa sabemos todos coma son as cousas en Galicia: a xente non quere picante. ¡Pero non hai problema porque pódese pedir que che poñan o ají aparte e engadilo ó teu ceviche! Así si que está... coma ten que ser.
Aquí esta coma ten que ser: co ají e remexido.

Outra cousa moi típica de Perú (bueno, hai outro país que di que o inventaron eles) é o Pisco Sour. Tamén se tedes ganas, aquí fano ben:
Iste non é un pisco sour, pero tamén leva pisco. Isto é un maracuyá sour, e gustaravos se preferides bebidas un chisco máis doces:

A miña terceira recomendación que é un must é o tema dunha froita moi típica de Perú: a Lucuma. A lúcuma é unha fruta que non parece moito fruta, e usase para facer cremas que teñen un certo sabor a caramelo. Pero non a todo o mundo gusta. Se queres probalo, no suspiro limeño que fan en Epoca teñen (que leva manjar blanco e lúcuma, así que podedes probar alternativamete un ou outro sabor, xunto co merengue).


Ademáis de todo isto, tomei tamén un lechoncito en caja china:





E para que teñades ocasión de probar máis sabores típicamente peruanos... unha chicha morada. A chicha é o nome de diversas bebidas que se fan con millo. Hai unha chicha alcohólica, e esta a chicha morada, que non ten alcohol, e que é moi doce. ¡Ós nenos peruanos lles encanta a chicha morada!




Veña, pois aquí van os datos:
Vinoteca Época
http://vinotecaepoca.es/
(pódese reservar por Internet)


No hay comentarios: