domingo, 10 de julio de 2011

Memorias do Gusto: Pementos e lembranzas gregas de Alemaña

Coma no hipermercado non vendían os pementos de Arnoia soltos (só en mallas de 1Kg) teño na casa unha chea de pementos. (O cal me da doble fastidio, porque para 1 persoa sóa, 1Kg de pementos son moitos pementos e porque na finca dos pais hai unha chea de pementos, pero non puiden ir a Cangas). Así que hoxe fixen o típico brainstormin e decidín facer unha receta que leva moitos pementos: pementos recheos de arroz.

A receta non ten moita histoira: cocín arroz largo cun pouco de cebola (e romeu, que estes días estou enganchadísimo a esta herba) uns 15 minutos, limpiei os pementos, enchinos co arroz, e veña: 15 minutos ó forno a 200ºC. Logo, co forno apagado, deixeinos un rato máis para que se acabasen de cocer. (Así recén feitiños estaban moi ricos, logo verei que tal saben requentados no micro)

Este prato é unha pequena reinterpretación dun prato típico grego: Gemisa Encantame pola súa simpleza: vexetales, máis arroz e especias. Vamos o que se di un plato perfectamente adaptado para a vida sedentaria moderna. Habrá versións con carne, frutos secos, queixo e tal ... Pero a super minimalista paréceme perfecta. E exactamente parecida a esta teñoa tomado en Grecia (a vez que fun de viaxe) e tamén en Alemania.

Hai una pequena historia persoal curiosa: o meu primeiro contacto con cociña grega real foi en Alemania. Parece que bastante antes da crise actual, os gregos xa tiñan que marchar do seu país. En Frankfurt, onde estiven vivindo 2 anos aló polo 2000, coincidu que tiña dúas tendas gregas tradicionais (ó máis puro estilo ultramarinos) á beira: unha de elas, ó lado de onde traballaba - GallusViertel -, a outra xusto ó lado da miña casa en BergerStrasse.

Vou facer un pequeno inciso que pode anticipar o noso futuro: Todos coñecedes o concepto Lidl. ¿Non? Bueno, pois en Alemania, case toda a oferta que hai nas cidades é do estilo (Lidl, Aldi, Plus, ....). O único que resiste un pouco son as panaderías (moi boas case todas), algunha carnicería, e logo están as tendas para inmigrantes (neste caso eran gregos).

Gracias a estas dúas tendas, estiven probando moitísimos productos gregos: aceitunas, turróns, galletas, aceite, queixo feta (do auténtico), queixo non feta (que tamén hai moi bó), iogures impecables ... E na de BergerStrasse case todos os días tiñan un plato cociñado para levar. Os días que tiñan os pementos (nunha fonte branca de aceiro esmaltado, coma as que algún teredes visto na casa da vosa abóa), pois sempre levaba un par de eles.

E velaquí a miña historia, e a miña pequena e sinxela receta (porque non sempre todo ten que ser complicado)

No hay comentarios: