sábado, 24 de febrero de 2018

Unha de branco

Estas últimas semanas que ando por Vigo deume por pasear un pouco polo vicindario (e máis alá porque cando dou en andar ainda vou dar lonxe) e de cando en cando fago unha pausa para tomar un viño, entrando e pedindo: (¿Pódesme poñer...)  "unha de branco" ( ... por favor)

E se un vai a un bar ou tasca máis ou menos vetarano, con isto xa é suficiente: sacan o seu viño da casa.

Non funciona nunha vinoteca, nen nun gastrobar, nen nunha cafetería ... porque alí esta expresión non funciona ... porque teñen "un albariño, un Ribeiro, un godello", e tes que dicirlle cal queres.

Así que en resumo, o que estou facendo e ir de bares de vello (ou non tanto) a probar o viño branco "da casa". Que é unha aventura en sí. Non sabes moi ben coma vai ser ese branco. Por non saber nen sabes se será, vaso, copa ou qué.

Hai un pouco de todo. Moitos sitios teñen botellas sen nome pero si con etiqueta, que adoita a ser un palomino de sabor doce e non gran cousa. Outros teñen viño de bocoi turbio, que serven nunha xerra aireandoo. É sempre unha sorpresa. Ás veces mala e ás veces bóa.  Pero sobre todo non é previsible e aburrido. Por contra ir a pedir viños nos outros sitios, sempre acabas cun viño correcto ou bó pero non hai aventura.

Non vou falar dos sitios malos, pero si vou a lembrar uns cantos sitios que tiveron bóa cousa. Curiosamente, a pesar de ter pateado bastante, os 3 sitios que máis me chistaron son os que están máis perto da miña casa.
  • Bar Estrada: teñen un branco condado moi xeitoso
  • Bar Rocío: o viño quedoulles un tanto máis rústico, pero ten ese punto ácedo que eun espera dun "país" 
  • Asador Serodio: aquí o viño estaba con bo gusto, cun bo equilibrio entre o afroitado e o ácedo
  • A Adega de Cholo e de Rosa: o viño quedoulles un tanto turbio e está rasposo, pero por contra, teñen unha empanada moi xeitosa

No hay comentarios: