jueves, 17 de septiembre de 2026

Deseño galego: Latas de Conservas

Gustame moito moito coma era o deseño clásico das latas de conservas galegas (tamén algunha conserva moderna). E non estou falando das marcas máis habituais e frecuentes dos supermercados. Que iso é outro tema, agora mesmo con tanta marca blanca e con que os supermercados só negocian con grandes productores, que moitas das pequenas marcas de conservas galegas non aparecen polos supermercados (ou aparecen pouco). 

Así que cando vou de visita por algún lado e dou con alguna lata de desño moi interesante, pois vai para casa. Que é unha colección moi xeitosa: por un lado é algo que podes gardar moito tempo, e por outro lado, cando haxa ocasión (ou necesidade de improvisar algo) pois xa tes a comida á man. 
 
 

Dardo & La Vieira  


No caso de La Viera (de Vilanova de Arousa) o deseño retro é moi sesenteiro, con detalles moi persoais coma o de usar unha fonte sans sempre en minúculas para o nome do producto. Este deseño xa foi remplazado polo novo (que vedes na otra foto, na lata das sardiñas). Así que ahí tiven eu unha ocasión única para mercar das que ainda quedan co deseño antigo. (Aparte do tema do deseño, os seus productos tamén teñen detalles moi gourment, observade que son "mejinoes fritos", xa contarei que tal saben e que diferente están con outros). 
 
Conservas Dard naceu en 1969... así que podería ser que o deseño actual leveno usando dende o principio sen cambiar. E por min, non deberían cambialo. Non sei se é casualidade ou cousa de aqueles anos, tamén o texto principal está en minúsculas.. pero neste caso cunha tipografía con serif moi elegante. O que me gusta moito en Dardo é coma sempre incluen esa banda negra no fondo, que usan nos seus diferentes formatos. ¡Quedalle moi ben! E ademáis de look retro, aquí temos productos de boa calidade (fixade que na lata de sardiñas pon "tostada al estilo tradicional"). (Ademáis recibín un aviso que teño que probar as agullas de Dardo, que seica son moi top!). 
 
Ademáis do deseño (que é unha motivación moi grande para mercar o producto, cando vou mirar nas latas doulle moito ós productos non tan habituais, por exemplo neste caso os Chicharrillos viñeron por iso (ainda que vou dicir unha cousa, a pesar de que é un peixe que gosto moito, non sei que lles pasa, pero en lata non son dos que máis me convencen, prefiro por sabor as xoubas ou as agullas). 


No hay comentarios: