lunes, 12 de octubre de 2026

Salsa picante na casa (de 3 xeitos diferentes)

Está curioso pero veño de caer en que ... xa teño un certo hábito en isto de facer salsas picanes na casa. Todo ten un pouco (ou un moito que ver) co mato de chiles que alá polo 2016 ou 2017 naceu dunhas sementes que trouxeran de África e que lle deran a meu irmán. Sementouse en Hío e ... eses chiles seguiron vivindo nus caldeiros na finca de meus pais.

E bueno, todos os anos, a partir de xuño comenzan a sair unha chea de chiles que seguen ahí crecendo na pranta (deixa de dar flor sobre setembro) ata outubro ou novembro. 

Receita 1: chile + vinagre


Bueno, todo isto xa foi contado de maneira un pouco parecida no 2018, cando din en apañar unha chea de estes chiles e fabricar a miña salsa picante: How To: Salsa botanera de chile piquín (o piri-piri o no). Está moi ben contada, hai moitas fotos pero ... 

... esa salsa non estaba nada bóa. Foi machacar chiles e mezclalo con vinagre e coidei que xa tería unha salsa bóa, pero non sabía tan ben. 

Receita 2: chile + sal = fermentar - e só usar o líquido que solte 

Eu xa esquecera estes choios, pero un día saiume un de estes videos curtos que meten por Internet dun tipo asiático que facía a súa salsa picante fermentando chiles.  A historia non tiña moito conto excepto que había que atreverse a ter unha pasta fermentando na casa. Chiles e sal e un pouco de xenxibre. 

Aquí tedes os pasos. En canto a fermentar eu deixeino unha semana e pico. Tampouco moito. Logo o tema foi que o rapaz aconsellaba escurrir as sementes e a carne que quedara e preparar o líquido. 

E entón engadir vinagre de arroz. O invento quedou moito coma unha salsa de estilo de Tabasco. Moi fluida. Bó picor, bó sabor... 

E teño que admitir que a salsa picante moi fluida é un inventazo porque é moi cómoda de servir e mezcla moi ben tanto con líquidos coma por riba de outros pratos. 

Pena que non dou encontrado o video no que me basara, pero bueno, non ten moita historia:

  • unha cullerada de sal 
  • uns chiles frescos
  • un chisco de xenxibre 
  • trituras todo (no meu caso fíxeno no molcajete, pero non fai falla trituraos no que teñas)
  • metelo nun recipiente, tápalo cun plástico e déixalo que comece a fermentar 
  • cada día vas e remexes un pouco na mezcla (deberia botar burbulliñas e comenzar a soltar líquido)
  • cando xa leva unha semana ou máis, pois a escurrir o líquido de todo este fermentado
  • engadeslle vinagre branco (no meu caso usei de arroz) 
  • e hala, xa tes salsa 

Receita 3: chiles + salmoira = fermentar (e logo triturar)

A salsa duroume 1 ano, por certo, e xusto cando rematei con ela estaba xa a nova colleita. Coma comentei, non tiña gardado o video que vira o ano pasado así que fun buscar en Internet a ver se voltaba a dar con el ... 

... e din con varios videos diferentes. Neste caso un de eles facía un proceso un tanto diferente: metía os chiles en salmoira a fermentar. Non era tanto coma a do ano pasado, que era puro chile + sal, se non que en realidade levaba auga e sal tamén. 

Ademáis este ano tiña un par de pementos de Padrón de estes que quedan perdidos na pranta en Outubro así que estaban rabiosos. Decidín facer un pequeno monstruo. Os chiles piri-piri de outros anos, 2 pementos de Padron, e logo para darlle un pouco de cor, un pemento de Piquillo que non pican tanto. 

E coma vedes en salmoira, cun vaso enriba para asegurarme que os chiles non tocan o aire, porque é importante que todo fermente dentro da salmoira (supoño que por seguridade e tal).  E ahí está. Agora a esperar 2 ou 3 semanas. A ver coma vai cambiando. 

Xa iremos contando!