viernes, 26 de enero de 2007

Boliñas de estrugas

Antonte xunteime cun mollo de estrugas frescas coma un mundo. Xa levaba tempo con ganas de poñerme a "alquimiar" con elas. Hai unhas semanas fixen un revolto de estrugas ao uso realmente bo. Desta deume por facer unhas croquetiñas de estrugas con pataca inspirandome na receita do mestre Martin Alvarez pero con algunha cousiña da miña colleita.
Escoller as estrugas (con guantes), lavalas e "branquealas" (introducindoas en auga lixeiramente salgada fervendo a cachon un par de minutos) para quitarlles o indesexable picor. Retiralas do lume, escorrer e reservar. Cocer unhas patacas. Aqui boteille unha folliña de loureiro triscada a metade. Unha vez cocidas esmagalas e reservar. Nunha tixola dourar cebola e posteriormente allo ata que estean transparentes nun chorriño de aceite de oliva virxe extra "enriquecido" cunha cullerada de manteiga. Asi que estea transparente a cebola incorporar as estrugas picadiñas. Refogar. A continuacion agregar a pataca esmagada e continuar removendo lixeiramente. Eu boteille un chisco de pementa de Xamaica como condimento en troques de a consabida noz moscada, dalle un toque aromatico inigualable. Retirar a masa do lume e deixar repousar e enfriar nunha fonte. Entretanto bater un par de ovos, facerse con fariña e pan relado.
Unha vez fria a masa, ir facendo boliñas e rebozar. Aqui ven outra diferenza con respecto a receita orixinal. Eu reboceinas asi: ovo, fariña milla e pan relado (ca metade das croquetas) e ovo, fariña milla e fariña de mandioca (ca outra metade). A fariña de mandioca non sei se se podera atopar aqui. A que usei trouxoma meu tio de San Salvador de Bahia. Resultado: bastante bo. Onte a noite fritin algunhas e o resto conxeleinas, como adoitaba facer miña aboa, que sempre nos mandaba unha bandexiña para casa das suas croquetas de luxo (con carniña do cocido... unha loucura insuperable) Pero para a proxima botareille menos pataca... A estruga tiña un sabor moi sutil. Problema: leva un choio escollelas e preparalas... Pero paga a pena.

3 comentarios:

Moraiminha dijo...

A túa receita ten moi boa pinta; pero eu non consigo que as estrugas me parezan un prato apetecibel. Aínda non esquecín todas as veces que me teñen picado... igual comelas sería unha boa vinganza, pero polo de agora non podo.

xmanoel dijo...

Isto me lembra un pouco cando un vai recoller nabizas no nabal (grandiosa cacofonía esta). Calqueira imaxinaría despois de deixar as mans naqueles pinchos, que unha vez cocidas (ben cocidas) habían estar tan terniñas.

Outras que tal son os cardos estes que tanto gustan ós do val do Ebro. Menudas plantas máis pouco cariñosas.

Pero douche ben razón, menuda planta máis brava a estruga esta.

Por certo, que teño ganas de que nos conte Ruth coma conseguiu o seu mollo de estrugas. Necesitamos tamén consellos para a recollida de planta tan bravú.

iago dijo...

Se non respiras mentras lle bota-la man non pican.