miércoles, 20 de abril de 2011

3 cousas que hai a eito en Galicia

Veña, un pouco de rosma persoal contra a restauración (bóa e mala de Galicia).

Tres cousas que hai de máis en Galicia:

  • ##### con Queixo San Simón (da Costa) - na cociña tradicional galega sempre usamos o queixo fundido con asiduidade
  • polbo á grella - a entrada da nova xeración
  • o gintonic - cando na publicidade din que se "consuma con moderación" refirese a que se abusas, acaba aburrindo

Alguén tiña que dicilo ...

Hala, se estades de humor, pois podedes comentar cales son as 3 cousas que menos vos gustan das últimas tendencias nos restaurantes. E se estades de mal humor, pois rosmar contra min. Comentarios serán benvidos.

6 comentarios:

Polo dijo...

Non estou moi dacordo co tema do polbo á grella, a min gústame bastante pero penso que é difícil deixalo no seu punto e dende hai algún tempo hai tantos sitios que o ofrecen que é difícil acertar.

Por outra banda, en xeral as receitas de "XXXX ó queixo" a min disgústanme moito porque todo acaba sabendo a queixo. Todo iso a pesar de que o San Simón é unha marabilla.

Outra cousa que tampouco acabo de ver son os platos tradicionais pero ós que se lle mete algún ingrediente "autóctono". Por exemplo, probei un risotto onde o parmesano fora sustituido por queixo de Arzúa. Veredicto: moito peor que o orixinal, ¿por qué cambialo?

Mr.X dijo...

No meu caso, máis que gustar ou non gustar (gosto bastante dos Gin Tonics, teño que admitilo), o que quería criticar era a sobreabundancia dos platos. O polbo a grella pasou de non se tomar máis ca en Grecia a que o fagan en case todos os restaurantes galegos (estadística feita a ollo, pero as 5 últimas veces que estiven mirando a carta de entrantes saía en todas).

Bóa puntualización do tema do plato foráneo con ingrediente autóctono. Tamén algo bastante pouco xustificable.

Mr.X dijo...

Mira que coincidencia, aquí unha de estas:

GaliZbur Platino 100% Galega | Deliciosa hamburguesa 100% de tenreira galega, con grelos, chourizo, queixo de San Simón, patacas e pan totalmente caseiro elaborado íntegramente na Pizzbur.

O típico caso de plato non galego máis: grelos, chourizo e queixo de San Simón.

(Vamos, esto tiña que ter servido para ilustrar o post)

iago dijo...

A cousa que ten o Pulpo à grella é que ós restauradores lle é máis cómodo de facer, imaxino que o terán frío, meterano un intre no microondas (o pulpo lévase de maravilla con el, curiosamente) e logo pásano pola grella un momento e pumba, listo. E decir, que será máis cómodo que un pulpo á feira de sempre.

Respecto ó pulpo grego, polo que me comentaran, alá non se cocen antes e soe ser moito máis elástico.

E falando de pulpo, acabo de lembrar que outro tema que se tería que ver é o do pimentón. Os sitios nos que non gastan un pouco no pimentón son do peor, en seguida se nota cando o pimentón é malo e un decente non é cousa cara. Non ten que ver, pero lembreino.

Polo dijo...

O da Galizbur esta que dis é de traca... qué necesidade hai? E bueno, hamburguesas con grelos? En fin.

Mausepratos dijo...

Antes de nada felicitar ós autores polo blog, resulta moi interesante ver como se reflexa nel toda a paixón que se pon arredor dunha mesa.

Si temos que falar de cousas tipicamente galegas eu poño indiscustiblemente no primeiro posto as patacas. Non hai nada máis galego que "algo" con patacas, fritas, cocidas, asadas.....da igual, o galego necesita a pataca na sua vida diaria, é algo xenético


mausepratos.blogspot.com