sábado, 30 de abril de 2011
Postre de Músico
Xa comentei en algunha outra ocasión que moitas veces para min (e non sei se para vos tamén) a cociña de outras partes de España é tan exótica e curiosa coma a cociña asiática.
Esto de aquí enriba (un combinado de varios tipos de frutos secos: améndoas, noces, avelás - e máis anacardos, que coido que xa non é tan tradicional) chámano en Cataluña (e coido que tamén en Valencia) Postre de Músico. E resulta que este prato tradicional feito do que había (Cataluña, sobre todo a parte de Tarragona é un lugar productor de todo tipo de frutos secos) é na actualidade tremendamente saudable (os frutos secos están a recomendalos tanto para axudar co colesterol, coma por outras virtudes).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
A un "músico" hai que acompañalo sempre cunha copiña de mistela ou "vi de misa"
Enhoraboa polo blog
Publicar un comentario