martes, 18 de agosto de 2015

Poña un cultivo bacteríal na súa nevera: traia un Pulque a casa

Dixeranme que o Pulque é unha bebida viva, que ainda ven con bacteria viva. Pero eu pensei, bueno, pois será coma o iogur, o kéfir ou algo así. Metelo na neveira e ca baixa temperatura aguantará ben.

Pois non, o pulque é moi activo (e parece darlle igual o frío). Deixeino un par de horas na neveira, e cando tentei abrir a botella, a tapa saltou á outra esquina da cociña, e comenzou a soltar chorros de escuma que deixou todo perdido. 


Entón foi cando caín porque nas Pulquerías o pulque tense en bocois abertos, porque se o metes en recipientes pechados, probablemente acabes voando polos aires.

Así que desta vez, para o pulque que quedou, non pechei a botella, foi aberta á neveira. 12 hora despois está formando ahí dentro unha costra máis solida ...

 Ainda se pode beber, pero agora entendo o que din de que o pulque non se pode gardar. Esta cambiando de xeito ben rápido e perdese por momentos.


Rematamos cunha imaxe do pulque onte, cando ainda estaba fresquiño. Este tratábase dun pulque curado de "cacahuate" (pulque con sabor de cacahuete e algo de azucre). Bastante gustoso.

Para aqueles que se vos despertase curiosidade...

Este video vai sobre pulquerías:



Estoutro vai sobre a producción do pulque:

No hay comentarios: